Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COMEZARÁ O VINDEIRO SÁBADO 7 DE DECEMBRO OS ITINERARIOS DIDÁCTICOS ENMARCADOS NO PROGRAMA MUNICIPAL "NARÓN EN TRANSICIÓN"
O CONCELLO COMEZARÁ O VINDEIRO SÁBADO 7 DE DECEMBRO OS ITINERARIOS DIDÁCTICOS ENMARCADOS NO PROGRAMA MUNICIPAL
O Itinerario didáctico: O Río Freixeiro e os regatos urbanos, primeira das actividades medioambientais impulsadas dende a concellería de Medio Ambiente, dirixida polo edil Santiago Galego
Narón, 2 de decembro de 2019. O Itinerario didáctico: O Río Freixeiro e os regatos urbanos, primeira das propostas de actividades medioambientales de que consta o programa municipal “Narón en transición”, impulsado a través da Concellería de Medio Ambiente dirixida polo edil Santiago Galego, desenvolverase o vindeiro sábado a partir das 10.00 horas con saída, e posterior chegada, desde a caseta de Turismo do parque do Río Freixeiro.
Os Itinerarios didácticos son propostas integradoras que suman as vantaxes da actividade física no medio natural coa interpretación do medio a través das explicacións de persoas expertas.
Esta primeira proposta constará dun percorrido que transcorre por superficies asfaltadas e camiños de terra, cunha distancia de 8.700 m. e duración aproximada de 4 horas. A dificultade do percorrido está considerada como baixa e indicado para todos os públicos.
Organizado a modo de caderno de campo, serán abordados, dun xeito teórico e práctico, contidos fundamentais como: o cambio climático; o cumio de Francia 2015 e a transición a Madrid 2019; cunca hidrográfica, liña divisoria de augas, val de inundación, bosque de ribeira, patrimonio público; contaminación e impactos humanos nos ríos e costas; análise dos usos tradicionais e comparativa coa actualidade, a redución do consumo; enerxías renovables e desenvolvemento sostible; o sistema de abastecemento, recollida e depuración de auga en Narón e arredores; usos das augas; análise da sustentabilidade de medio rural fronte ao medio urbano e o patrimonio etnográfico e cultural.
As persoas interesadas en participar nestes Itinerarios didácticos, que constarán de 20 prazas como máximo e dirixidos a todas as idades, deberán cubrir un formulario ou ficha de inscrición que terán que enviar ao enderezo info@sedega.com ou ben entregándoo en persoa na OMIX do Concello de Narón (1º andar do Concello de Narón – Servizo Sociocomunitario)
Para máis información: 981337700 Ext. 1108/1109





Descarga de archivos
Tríptico roteiro-Itinerario didácticoTamaño: 3,55 MBDescargar
Ficha de inscriciónTamaño: 106,81 KBDescargar
Cartaz itinerario "Narón en transición"Tamaño: 188,35 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal