Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS XUVENÍS "NON TE QUEDES NA CASA NO NADAL"
O edil de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que os obradoiros inclúen múltiples propostas para nenas e nenos nados entre 2001 e 2006 e empadroados en Narón
Narón, 4 de decembro de 2019. O Concello abriu hoxe o prazo de inscrición nos obradoiros xuvenís “Non te quedes na casa no Nadal”. O concelleiro de Mocidade, Pablo Mauriz, explicou que se trata dunha iniciativa de balde, dirixida a mozas e mozos nados entre 2001 e 2006 e empadroados en Narón e avanzou que se ofertan un total de quince prazas de quenda libre, se ben haberá cinco para persoas derivadas de Servizos Sociais. Os obradoiros impartiranse nas xornadas do 21, 23, 24, 26 e 27 de decembro nas instalacións da Casa da Mocidade, contemplando tamén visitas á Coruña e serán todos os días de 10.00 a 14.00 horas excepto o 27 de decembro, que terán lugar entre as 10.00 e as 16.30, tal e como apuntou Mauriz. As persoas que participen terán a oportunidade de acudir a actividades como graffiti, dinámicas de grupo e actividades deportivas, obradoiros de igualdade e de dereitos colectivos LGTBI, realizarán unha curtametraxe e visitarán o Urban Planet, implicaranse en actividades de activación saudable e visitarán A Coruña para acudir a unha actividade de patinaxe sobre xeo. Finalizará a convocatoria cunha xornada de convivencia e un xantar comunitario. “A través desta programación apostamos por crear un punto de encontro de mozas e mozos da nosa cidade, donde poidan convivir e compartir diferentes alternativas de lecer, con propostas moi variadas e desenvolvendo moitas delas na Casa da Mocidade, unhas instalacións localizadas no barrio da Gándara e destinadas a este colectivo”, recalcou o edil naronés. As persoas interesadas en participar nos obradoiros poden anotarse dende hoxe ata o 18 de decembro ás 13.30 horas a través do Rexistro Municipal, da Sede Electrónica de Narón ou de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. En todo momento deben entregar cumplimentado o formulario dispoñible na Sede Electrónica do Concello de Narón e xunto coa solicitude é preciso presentar cuestionario de saúde e autonomía persoal, declaracións e autorizacións, DNI da persoa que vai participar e da que autoriza e tarxeta sanitaria do participante. As prazas cubriranse por sorteo público no caso de que a demanda supere á oferta e ese sorteo celebraríase o 19 de decembro ás 12.00 horas ante o secretario xeral do Concello. Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no primeiro andar do Consistorio, ou a través dos números de teléfono 981 337 700 (extensións 1108/1109).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal