Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA NUNHAS XORNADAS DE CONCIENCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que terán lugar mañá xoves no Centro Cívico Social do Alto e que están abertas á participación do público en xeral
Narón, 4 de decembro de 2019. O Concello colabora coa club NHD Adventure na organización dunhas xornadas de Concienciación Medioambiental que se desenvolverán mañá xoves no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro. Así o anunciou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, que explicou que a cita comezará ás 19.00 horas e estará aberta á asistencia de público xeral, cun máximo de sesenta prazas e de tres horas de duración. Participarán na convocatoria representantes de Adega, do Seprona e un técnico de la asociación Os Picos do Sol. O obxectivo principal desta convocatoria é concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre un grave problema que afecta ao ecosistema e derivado de condutas incívicas, debido a aqueles casos de persoas ou, nalgúns casos, empresas, que verten escombros e outro tipo de residuos en camiños e pistas rurais, así como outros espazos públicos e fincas de particulares, facendo que proliferen os vertedoiros incontrolados. O concelleiro de Medio Ambiente recordou que o Consistorio dispón dos mecanismos e instalacións necesarias, como o servizo de recollida de enseres ou o Punto Limpo, para depositar diferentes tipos de residuos, instando á cidadanía a facer uso dos mesmos para evitar esta problemática. As xornadas diríxense a persoas de tódalas idades, apostando por concienciar á cidadanía en xeral da importancia de coidar o noso entorno. A maiores da xornada que terá lugar mañá no Alto programáronse outras os días 14 e 22 de decembro nas que se habilitarán 40 prazas e se porán a disposición dez vehículos todoterreo –durante cinco horas cada día- para percorrer camiños e pistas do termo municipal aos que non acceden os camións de recollida de lixo para recoller os refugallos que se atopen e transportalos ata o Punto Limpo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal