Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL "PRAZAS VIVAS" CONTINÚAN ESTA FIN DE SEMANA EN DOSO E NO ALTO DO CASTIÑEIRO
OS OBRADOIROS DO PROGRAMA MUNICIPAL
A decena de propostas diríxense a persoas de tódalas idades, terán lugar na zona urbana e rural e son de balde
Narón, 5 de decembro de 2019. O programa municipal “Prazas Vivas” continúa desenvolvéndose esta fin de semana na cidade. A primeira das citas será mañá venres en Doso, nas inmediacións do Centro Cívico Social (en caso de choiva no interior das citadas instalacións), entre as 16.30 e as 18.30 horas. Así mesmo, na xornada do sábado será o turno da parroquia do Alto do Castiñeiro, donde tamén pola tarde de 16.30 a 18.30 se realizarán os obradoiros deste programa na pista polideportiva do Alto (en caso de choiva trasladarase a actividade ao Centro Cívico Social). Dende o Concello de Narón a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, animou ás veciñas e veciños dos barrios e parroquias da cidade a sumarse ás propostas ofertadas a través deste programa.
En total ofrécense preto dunha decena de propostas, todas elas de balde e abertas á participación da cidadanía en xeral, independentemente da idade de cada persoa. O programa levarase a cabo en todos os barrios da zona urbana e tamén en todas as parroquias do rural naronés.
Obradoiros de chapas, de experimentos de ciencia, de globoflexia e pintacaras, de graffite, de coches de radiocontrol e de circo, así como un específico para os deseños das carrozas dos barrios e parroquias da cidade para a Cabalgata Solidaria que se celebrará o 5 de xaneiro, forman parte da oferta de actividades de “Prazas Vivas”. A maiores, os asistentes ás diferentes convocatorias tamén poderán participar en sesións de xogos tradicionais.
Rematadas as catro primeiras sesións –as dúas da pasada semana e as dúas desta- quedarían pendientes as programadas o día 13 de decembro no Couto; o 14 no Val, o 20 en Xuvia, o 21 en Freixeiro e, en datas aínda por determinar, as previstas nas parroquias de Pedroso, San Xiao, San Mateo e Sedes.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
6
7
8
9
11
12
13
16
18
19
20
22
23
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal