Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
AS "XORNADAS DE CONCIENCIACIÓN AMBIENTAL" INCLÚEN ESTE SÁBADO UNHA RECOLLIDA DE REFUGALLOS POLA ZONA RURAL
AS
O concelleiro de Medio Ambiente, Santaigo Galego, explicou que esta iniciativa está aberta á participación da cidadanía, que debe anotarse previamente para organizar os equipos
Narón, 11 de decembro de 2019. O Concello colabora co Club NHD Adventure nunha nova actividade enmarcada nas "Xornadas de concienciación ambiental" e que terá lugar este sábado, día 14. Así o recordou o edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, que explicou que a cita consistirá nun percorrido matinal en vehículos todoterreo por diferentes zonas do núcleo rural para recoller os refugallos que se atopen en áreas non autorizadas e transportalos ata as instalacións do Punto Limpo, no polígono de Río do Pozo, para o seu correcto tratamento.
A convocatoria está aberta á participación da cidadanía en xeral, tal e como indicou Galego, que animou á cidadanía a anotarse previamente a través do número de teléfono: 619 581 379 ou do correo electrónico: info@nhdadventure.es, indicando o nome e o DNI, ata mañá xoves, incluído. As prazas están limitadas a un máximo de 40 persoas. A saída está programada ás 9.00 horas das inmediacións da estación de servizo Ortegal Oil, no polígono de Río do Pozo. Dende alí os participantes percorrerán en todoterreos zonas das parroquias de San Mateo, O Val, Pedoso, Doso e Castro, para recoller os refugallos que atopen e depositalos (facendo unha selección previa para facilitar o traballo unha vez no Punto Limpo) nos remolques dos vehículos, tal e como avanzou o edil naronés.
“A través destas xornadas pretendemos dar visibilidade a unha problemática que afecta aos concellos e sensibilizar á cidadanía sobre a existencia deste tipo de actos incívicos e da necesidade de erradicalos para deixar de provocar danos ao medio ambiente”, subliñou Galego.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal