Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA "UN MUNDO CHEO DE DIVERSIDADE" NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DO VAL E EN ODEÓN
A concelleira de Acción Social e Participación Cidadá. Catalina García, agradeceu a colaboración de todas as entidades e organismos implicados nesta convocatoria
Narón, 12 de decembro de 2019. A concelleira de Acción Social, Catalina García, visitou xunto con representantes das entidades que coorganizan co Concello o programa “Un mundo cheo de diversidade” a exposición fotográfica que ata mañá venres acolle o Centro Comunitario Integrado Manuela Pérez Sequeiros. As imaxes das mostras “Todos somos migrantes”, realizada pola asociación Movilidad Humana; “25 anos Teimando” a de Teima Down e “Un mundo cheo de cores”, de Aspaneps, permaneceron expostas dende o pasado 2 de decembro. Así mesmo, no marco deste programa desenvolvéronse sesións de cine fórum –de balde- nos centros cívicos sociais do Alto e Xuvia e no Pazo da Cultura e esta tarde terá lugar a última no Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver a película “Intocable” entre as 16.00 e as 18.30 horas. As actividades previstas rematarán mañá cunha xornada de sensibilización no Centro Comercial Odeón, de 17.00 a 19.00 horas. As persoas que se despracen ás citadas instalacións poderán ver unha mostra de traxes do mundo; actuacións musicais e bailes do mundo; participar na montaxe dun puzzle xigante e sacar fotos nun photocall preparado para a ocasión e, a maiores, tal e como avanzou García, gozarán dunha sorpresa final. A concelleira de Acción Social e Participación Cidadá agradeceu a colaboración das dezanove entidades implicadas neste programa: Teima Asociación Síndrome de Down, a Asociación Galega de Lupus, Aspanaes, Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, o Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas, as AVV “Os Irmandiños”, do Val, “Altea”, de Xuvia e a do Alto, a Asociación Cultural ASCM, a Asociación Movilidad Humana, Aspanemi, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Aspaneps, Ágora Narón, Affinor, Cogami, a Asociación de Senegaleses, Nuestra Señora de Chamorro e Vida Activa. A maiores, tamén se implicaron o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Centro Comercial Odeón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal