Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO ACOLLE O SÁBADO A ESTREA DO ESPECTÁCULO "A MAXIA DA SANTA COMPAÑA"
O AUDITORIO ACOLLE O SÁBADO A ESTREA DO ESPECTÁCULO
As entradas poden adquirirse o mesmo día no Auditorio ou por teléfono no número 981 102897
Narón, 26 de febreiro de 2009.- A Concelleira de Cultura, Manuela Pérez Sequeiros, presentou hoxe no Auditorio da Praza de Galicia o espectáculo “A maxia da Santa Compaña”, no que se misturan maxia, música en vivo, teatro, malabares, danza, pintura e zancudos. Esta fusión de artes ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e sobre todo cheo de ilusión.

O evento está dirixido polo dramaturgo naronés Jose Luis Prieto (director da Escola de Teatro de Narón, gañador de dous premios Max de Teatro e nominado na edición deste ano) e producido por Hector Guerra –coñecido coma O Mago Teto-, e conta con cinco actores no seu reparto, entre eles o propio Mago Teto. Estarán acompañados por “A Santa Compaña Band”, que é unha formación de músicos que interpretarán pezas con violín, acordeón, percusión e baixo.

O Mago Teto agradeceu hoxe publicamente ó Concello de Narón o seu apoio para facer posible a estrea deste espectáculo na cidade naronesa. O dramaturgo Jose Luis Prieto, pola súa banda, animou á xente a asistir a este evento “no que haberá moitas sorpresas,e quen veña se reirá, ilusionará e mesmo pasará algo de medo”, dixo.

O argumento remóntase uns anos atrás, cando un mago voltaba de actuar nunha verbena da Costa da Morte e tropezouse coa Santa Compaña, quen lle condenou a facer as súas maxias por Galicia adiante para salvar as almas en pena, e incluso salva-la sua propia vida. Con esta maldición ás costas, o mago terá que buscar unha solución para desfacerse desta condena, o que lle provoca un conflicto interno entre a súa persoa e o seu destiño.

“A maxia da Santa Compaña” se representará no Auditorio Municipal da Praza de Galicia o vindeiro sábado 28 de febreiro, a partires das 20:00 horas. As entradas costan 8 euros para adultos, e 4 euros para nenos, estudiantes e menores de 25 anos que posúan o carnet xoven. Pódense adquirir na taquilla do propio Auditorio a partires das 19 horas, ou ben por teléfono no 981 10 28 97 (en horario de 11 a 13:30 horas, e de 18 a 20 horas).

Os interesados poden ampliar a información no seguinte enderezo web: www.magoteto.com



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal