Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE SESENTA POSTOS PARTICIPARÁN ESTE DOMINGO NO "XI MERCADO DE 2ª MAN"
A cita cambia de ubicación e desenvolverase na Praza de Galicia, en horario de mañá e tarde, e a maiores dos postos de venda haberá varios obradoiros abertos á cidadanía, tal e como explicou o edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego
Narón, 12 de decembro de 2019. A Praza de Galicia acollerá este domingo, día 15, a undécima edición do “Mercado de 2ª Man” organizado polo Concello de Narón. O concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego, avanzou que participarán na convocatoria un total de 60 postos nos que se venderán unha gran variedade de artículos de segunda man. O edil naronés agradeceu a confianza depositada polas persoas que participarán no evento, algunhas delas fieis a esta cita. “É moi importante este mercado porque ten unha vinculación directa co medio ambiente, porque a xente ao desfacerse destes produtos e obxectos de segunda man que deixan de serlles útiles unha das saídas é este mercado, porque outra saída natural sería pasar a ser un residuo”, explicou Galego. O “Mercado de 2ª Man" estará operativo baixo unha gran carpa en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, tal e como indicou o edil naronés. Así mesmo, recordou que se celebrarán catro obradoiros, un que comezará ás 10.30 horas sobre elaboración de maceteiros con botellas de plástico e outro a partir das 12.30 para aprender a elaborar marionetas con calcetíns. Pola tarde retomaranse estes obradoiros ás 16.00 horas, elaborando bonecos de neve en tarros de cristal e ás 17.30 horas dará comezo outro sobre reciclaxe de camisetas usadas, para o que as persoas interesadas en participar deben levar as súas propias camisetas (no resto de obradoiros ofrecerase o material preciso). As persoas que realicen compras neste mercado recibirán unhas papeletas coas que optarán ao sorteo de dúas cestas con productos de Nadal. Galego convidou ás veciñas e veciños a achegarse a esta cita, consolidada xa na cidade, e na que poderán ver unha gran variedade de artículos de segunda man e tamén participar nos catro obradoiros programados, todos eles de balde. A maiores, tamén haberá un espazo delimitado para recoller doazóns de alimentos non perecedoiros que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
Descarga de archivos
Cartaz Mercado de 2ª Man
Tamaño:637,07 KB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal