Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PARROQUIA DE SEDES ACOLLERÁ ESTE SÁBADO OS ACTOS DO PROGRAMA DA "NOITE DA LUZ"
O edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentou os actos con Manuel Rico e Enrique Rodríguez, presidente e secretario, respectivamente, da Asociación de Vecinos "Rosa dos Ventos", de Sedes
Narón, 12 de decembro de 2019. O concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e Manuel Rico e Enrique Rodríguez, presidente e secretario, respectivamente, da asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, de Sedes, presentaron esta mañá no Concello os actos do programa “Noite da Luz”, que se desenvolverán este sábado, día 14, no Centro Cívico Social de Sedes e nas inmediacións da Feira do Trece, na citada parroquia. O Padroado da Cultura de Narón e a entidade veciñal implicáronse un ano máis neste evento, próximo á festividade de Santa Lucía (13 de decembro), o día do ano con menos horas de luz. A saída da “Comitiva da Luz” marcará o inicio do programa, ás 18.30 horas das inmediacións da capela de Santa Lucía, preto da Feira do Trece. As persoas que desexen participar sairán con candeas dende a capela ata o cumio do Monte Esperón, un tramo de quilómetro e medio aproximadamente que se realiza cada ano para, sobre as 19.15 horas, levar a cabo o prendido da “Roda da luz” no cumio do Monte Esperón. A tradicional Roda da luz está formada por trece grandes fachos elaborados pola veciñanza da parroquia de Sedes hai uns días e que se dispoñen en forma de círculo representando as trece parroquias da cidade e que, unha vez acesos, se o tempo o permite, pódense ver dende diferentes puntos da cidade. Finalmente, ás 20.00 horas poderase degustar caldo –elaborado pola veciñanza de Sedes- no Centro Cívico Social da parroquia. Os representantes da entidade veciñal “Rosa dos Ventos” agradeceron a colaboración do Concello e do Padroado da Cultura de Narón “porque sen a axuda do persoal e económica isto non podería saír adiante”. Sanchez Fojo agradeceu a colaboración e implicación dos veciños e veciñas de Sedes (tanto á anterior directiva como á actual) neste evento, a través do que se aposta por defender e difundir “o noso patrimonio cultural, poñendo en valor unha tradición dos nosos ancestros e na que poden participar persoas de diferentes xeracións, axudando a mantela viva no tempo”.
Descarga de archivos
Cartaz Noite da Luz
Tamaño:2,38 MB

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal