Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ORGANIZA UN OBRADOIRO COLABORATIVO PARA A POSTA A PUNTO DAS BICIS E PATINETES DA CAMPAÑA "A TÚA VELLA BICI VALE UN SORRISO"
A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, avanzou que o obradoiro terá lugar o 18 de decembro e require inscrición previa
Narón, 13 de decembro de 2019. O Concello mantén aberto o prazo para colaborar na campaña “A túa vella bici vale un sorriso”, impulsada a través da Concellería de Seguridade Viaria a través do equipo de Educación Viaria. As bicicletas e patinetes que se doen a través desta iniciativa, e que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón, deben estar en bo estado de conservación, aínda que se lles realizará unha posta a punto antes de que cheguen aos seus novos propietarios e propietarias. A Biblioteca municipal colaborará tamén na campaña ofrecendo un espazo de encontro donde un equipo de voluntarios e voluntarias poderán reunirse para realizar esas tarefas de posta a punto de bicis e patinetes, tal e como indicou a concelleira responsable da área, Mercedes Taibo. As persoas que queiran participar nesas tarefas poden chamar ao número 981 382 173, para comunicalo e organizar os grupos, que contarán coas ferramentas precisas para pequeñas reparacións aínda que poderán levar as súas propias. Esa xornada de traballo colaborativo na Biblioteca será o día 18 deste mes, entre as 18.00 e as 20.00 horas. O Concello mantén tamén aberto ata o día 18 deste mes o prazo para doar bicicletas e patinetes, que se poden entregar na oficina de Educación Viaria do Concello de Narón, na planta de acceso, e nos centros de ensino da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal