Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA COA AGRUPACIÓN DE LIBREIROS DE FERROLTERRA PARA ELIMINAR O USO DE BOLSAS DE PLÁSTICO
O Consistorio colabora coa entrega dun millar de bolsas de material reutilizable na campaña "Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente", tal e como explicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita
Narón, 19 de decembro de 2019. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou hoxe ao presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez, bolsas de material reutilizable para contribuír á campaña iniciada polo colectivo baixo o lema “Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente”. Esta campaña lévase a cabo durante o Nadal, coincidindo coa de promoción de comercio de proximidade, tal e como indicou Pita. O Concello adquiriu un milleiro de bolsas que se entregaron ao representante da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra para a súa distribución entre a clientela que realice compras nestes establecementos. Entre os obxectivos desta iniciativa, tal e como indicou o edil, está “apoiar ao pequeno comercio e, ao tempo, concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente, finalidade para a que se entregan estas bolsas para evitar e eliminar as realizadas con material plástico das librarías”.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es