Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA VISITOU AS OBRAS DO NOVO CENTRO DE SAÚDE E VALOROU A COLABORACIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS PARA EXECUTAR O PROXECTO
Marián Ferreiro e o edil de Sanidade, Santiago Galego, desprazáronse ás obras xunto con outros edís da corporación local, o conselleiro de Sanidade, Jesús Almuíña, e outras autoridades e representantes da Área Sanitaria de Ferrol
Narón, 20 de decembro de 2019. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Sanidade, Santiago Galego, visitaron esta mañá as obras do novo centro de saúde nun acto ao que acudiron, entre outros, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, a directora de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro, a directora de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ferrol, Marina Pérez, outros representantes de grupos políticos da corporación local –TEGA, PSOE e PP- e persoal da empresa construtora. A alcaldesa da cidade incidiu na importancia de que se cumpran os prazos establecidos para o remate das obras, tan necesarias na cidade “porque damos cabida aos preto de 40.000 habitantes de Narón e tamén a pacientes dos PAC de Neda e Valdoviño e estamos satisfeitos de que os traballos avancen según os prazos previstos”. Así mesmo, Ferreiro, que se interesou ante os responsables da empresa por varios asuntos relacionados con estas novas instalacións, agradeceu a boa coordinación entre administracións para poder levar a cabo este proxecto tan importante para Narón. Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade aludiu á “magnífica colaboración que dende o primeiro momento houbo co Concello”, valorando esa colaboración prestada “tanto polo anterior alcalde como pola actual alcaldesa” e apuntou ao vindeiro ano como data para a entrada en funcionamento do novo centro de saúde e PAC que dará unha cobertura a máis de 45.000 habitantes. A amplitude de instalacións que superará nuns 1.800 metros cadrados ao actual, a nova área de estacionamento, a zona do PAC e os novos servizos como o de radioloxía –dentro dun área total para 56 consultas- foron algunhas das melloras ás que se aludiu na presentación tras explicar persoal da compañía adxudicataria dos traballos o avance dos mesmos. O Concello de Narón realizou o pasado día 9 o terceiro e último dos pagos contemplados no convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Narón para executar as obras das citadas instalacións sanitarias. A última das achegas aportadas polo Concello ascendeu a 860.353 euros, unha cantidade que, xunto coas outras dúas aportacións contempladas no acordo fai un total de 1.460.353 euros procedentes das arcas locais para cofinanciar os traballos actualmente en execución, tal e como recordou Ferreiro. O investimento total dos traballos ascende a 5,5 millóns de euros. A maiores o Concello cedeu a parcela de máis de 4.000 metros cadrados de superficie na que se está construíndo o novo centro de saúde, asumiu os gastos derivados da dotación de infraestruturas, accesos rodados e peonís, abastecemento, saneamento, telefonía, subministración eléctrica e tamén a habilitación da zona de estacionamento que se localizará fronte ao centro, ao outro lado da estrada e unha rotonda de acceso dende a estrada de Castela. Estas actuacións, en conxunto, suporán ás arcas locais un investimento a maiores de 581.099 euros, tal e como apuntou a alcaldesa da cidade.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal