Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ADQUIRE O COMPROMISO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA PARA MELLORAR A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
A alcaldesa, Marián Ferreiro, solicitara una entrevista coa conselleira de Política Social que a Xunta derivou á Dirección xeral de Maiores e Persoas con discapacidade á que non puido acudir hoxe por motivos de axenda,pero á que asistiu a concelleira de Benestar Social, Catalina García
Narón, 20 de decembro de 2019. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, desprazouse esta mañá a Santiago de Compostela –a unha xuntanza solicitada no seu día á Consellería de Política Social pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e á que non puido acudir por motivos de axenda- para reunirse co director Xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa. García valorou a “boa receptividade e dispoñibilidade” do representante autonómico sobre algunas das cuestións plantexadas dende Narón. Un dos compromisos adquiridos hoxe foi o de estar en contacto co Concello para estudar a viabilidade de incrementar as horas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar e tamén sobre a posibilidade de activar as libranzas no entorno que, tal e como apuntou a edil naronesa, “consideramos que poden solucionar boa parte do actual problema para atender a todos os usuarios e usuarias do servizo”. Así mesmo, a concelleira asegurou que De la Campa coñecía perfectamente a problemática actual do SAF, “non só en Narón, senón tamén noutros concellos de Galicia” e destacou a importancia da colaboración entre as administracións. “Esta é a vía para chegar a prestar a mellor atención á cidadanía, cando hai precisamente esa intención de colaboración entre as administracións e que na xuntanza de hoxe quedou patente”, subliñou García. Una das reclamacións que se fixo dende o Concello foi tamén a posibilidade de incrementar a aportación da Xunta por hora de prestación do servizo, xa que leva once anos sen aumentarse esa contía, tal e como recordou a edil naronesa. Este último tema, indicou, quedou sobre a mesa.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal