Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
REPRESENTANTES DO GOBERNO LOCAL REUNÍRONSE CO DIRECTOR DO IGAPE PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE POLIGAL
REPRESENTANTES DO GOBERNO LOCAL REUNÍRONSE CO DIRECTOR DO IGAPE PARA ABORDAR A SITUACIÓN DE POLIGAL
O primeiro tenente de alcalde, Guillermo Sánchez Fojo, e os portavoces de TEGA, Román Romero, e PSOE, David Pita, interesáronse ante Juan Cividanes polas xestións realizadas pola Xunta
Narón, 21 de decembro de 2019. O primeiro tenente de alcalde de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, o edil de Xestión Orzamentaria e portavoz de TEGA, Román Romero, e o edil de Promoción Económica e portavoz do PSOE, David Pita, mantiveron onte unha xuntanza co director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Juan Cividanes, para interesarse polas xestións realizadas pola Xunta sobre a empresa Poligal. A xuntanza solicitouna a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que por motivos de axenda non puido acudir onte á convocatoria.
Sánchez Fojo explicou que Cividanes lles explicou que trala paralización por parte do xuíz do concurso de acreedores, é preciso esperar ao ditame e fallo xudiciais para que o Igape poida realizar algunha xestión respecto á empresa. A maiores, o representante do citado organismo autonómico asegurou que dos 113 traballadores da empresa un total de 49 están actualmente empregados, dez están asistindo a cursos de formación e dos restantes non lles consta a súa actual situación laboral ou formativa.
Finalmente os representantes do goberno local naronés trasladaron a Cividanes que o Concello continuará pendente de todos os trámites que se realicen respecto ao futuro das persoas que formaban o plantel da compañía e reiteraron o ofrecemento da súa colaboración na procura de solucións tralo peche da empresa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2021 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal