Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PABLO RIVERA E JOSÉ TEIJEIRO, GAÑADORES DE DÚAS CESTAS SORTEADAS NO MARCO DA CAMPAÑA "COMERCIO DE NARÓN, EN NADAL E SEMPRE"
PABLO RIVERA E JOSÉ TEIJEIRO, GAÑADORES DE DÚAS CESTAS SORTEADAS NO MARCO DA CAMPAÑA
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou as dúas primeiras cestas sorteadas, que nesta ocasión foron para dous veciños de Narón
Narón, 23 de decembro de 2019. O Concello acolleu esta tarde o acto de entrega das dúas primeiras cestas sorteadas este ano no marco da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”. Pablo Rivera e José Teijeiro recibiron o agasallo de mans do edil de Promoción Económica, David Pita, que os felicitou tras ser agraciados no sorteo celebrado o pasado venres nos establecementos Bike Works e Parafamacia Veterinaria Andoriña, adheridos á citada campaña municipal. Os dous premiados residen no municipio naronés, Pablo Rivera na zona do Alto e José Teijeiro en Santa Icía, polo que nesta ocasión as dúas cestas, que no interior contiñan diversos produtos de Nadal valorados en 150 euros -cada cesta- son para veciños da cidade.
A maiores das dúas cestas entregadas hoxe, a vindeira semana, o luns día 30, entregaranse outras dúas. Así mesmo, nesta mesma campaña procederase a sortear catro vales de compra, dous por importe de 500 euros e outros dous de 300. A entrega dos vales está prevista para o 13 de xaneiro e as persoas agraciadas cos mesmos deberán gastalos en alomenos tres dos establecementos comerciais adheridos a esta campaña, máis dun centenar.
O concelleiro de Promoción Económica animou ás persoas interesadas en participar nestes sorteos aínda pendentes a realizar as súas compras estes días nos establecementos da cidade adheridos a esta iniciativa, que están debidamente identificados no exterior e dispoñen de urnas no interior nas que depositar as papeletas que lles entregan coas súas compras para poder participar nos sorteos. A campaña, na que participan máis dun cento de establecementos do municipio, rematará o vindeiro 5 de xaneiro.
O Concello organiza a campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón, que porá en marcha do 26 ao 29 deste mes o Navitren. Pita destacou a gran variedade de produtos que se poden adquirir nos pequenos comercios da localidade, incidindo na súa calidade, e agradeceu a implicación de todos os establecementos adheridos e a colaboración da Asociación de Comerciantes de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal