Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RETOMA AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA "NARÓN NADAL 2019"
O CONCELLO RETOMA AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA
O Navitrén, un espectáculo infantil, os concertos de Fin de Ano de Sementeira e de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre e Rock Narón, na programación navideña desta semana
Narón, 25 de decembro de 2019. As actividades do programa Narón Nadal 2019 continuarán desenvolvéndose ao longo desta semana. Dende mañá xoves, ata o 29 de decembro estará funcionando un ano máis o Navitrén, unha proposta organizada en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón. As persoas que durante o período da campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre” realicen compras nos establecementos adheridos recibirán un ticket para viaxar de balde no Navitrén. As persoas que reciban os tickets nos comercios deberán canxealos nunha taquilla (donde tamén se poderán adquirir a un prezo simbólico dun euro) e que se instalará xunto á parada de bus localizada á altura da Praza de Galicia, na estrada de Castela. O Navitrén, con 25 prazas en cada viaxe, estará operativo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas e o percorrido será dende as inmediacións do Concello ata a igrexa de Santa Rita e do Concello ata a Ponte das Cabras para finalizar o traxecto, duns trinta minutos, xunto ao Concello. Outra das propostas para mañá xoves será o espectáculo “Uxía a Lambona e a banda molona”, dirixido ao público infantil e que terá lugar a partir das 17.00 horas na Praza de Galicia, con entrada de balde.
Este venres, día 27, terá lugar o concerto de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, que presentarán o seu último traballo, “Noró”. O espectáculo musical forma parte da programación do Padroado da Cultura de Narón para estas datas de Nadal e tivo que suspenderse debido á alerta vermella decretada para o pasado sábado, día 21 de decembro. As entradas adquiridas no seu día serán válidas para o concerto do venres, se ben as persoas que as adquirisen para o día 21 e non poidan acudir á cita poderán solicitar a devolución do importe das mesmas na billeteira do Pazo presentando as entradas.
O sábado, día 28, tamén terá lugar outro dos espectáculos que a alerta vermella da pasada fin de semana obrigou a suspender, “Rock Narón”, unha cita que será na Praza de Galicia, a partir das 22.00 horas e con entrada de balde, na que actuarán os grupos “Alma de piedra”, “Black Jack” e “Claxxon”.
A última das propostas desta fin de semana será o sábado 28, co tradicional concerto de fin de ano da Asociación Musical e Cultural Sementeira, a partir das 20.00 horas no Pazo da Cultura. O pasado ano cumpríronse 25 anos da creación desta asociación, motivo polo que nesta ocasión se programou un concerto máis especial no que convidaron a tocar a antigos músicos que formaron parte da banda, así como a exdirectores. Actuarán a Banda Infantil de Sementeira e a Xove Banda de Narón. As entradas para poder asistir poden adquirirse na billeteira do Pazo a un prezo de dous euros.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2020 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
20
21
22
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal