Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DARÁ A BENVIDA ANO ANINOVO COA ORQUESTRA CAPITOL E A ACTUACIÓN DE DOUS DJ´S NA PRAZA DE GALICIA
O CONCELLO DARÁ A BENVIDA ANO ANINOVO COA ORQUESTRA CAPITOL E A ACTUACIÓN DE DOUS DJ´S NA PRAZA DE GALICIA
Unha sesión de fogos de artificio, que se iniciará aproximadamente dez minutos despois das campanadas, dará oficialmente a benvida en Narón ao ano 2020
Narón, 30 de decembro de 2019. A Praza de Galicia acollerá un ano máis a tradicional Festa de Fin de Ano e Benvida ao Aninovo organizada polo Concello de Narón. A cita dará comezo unha hora despois das campanadas do 31 de decembro, concretamente ás 01.00 horas, aínda que dez minutos depois das campanadas está prevista unha sesión de fogos de artificio coa que se anunciará oficialmente a entrada no novo ano. Unha gran carpa –na que a entrada será de balde- acollerá a actuación da orquestra Capitol, que abrirá a festa, e á que seguirán dous DJs. O remate da festa está previsto para as 06.00 horas, tal e como se recordou dende o Concello.
A programación de “Narón Nadal 2019” rematará o vindeiro domingo, día 5, coa Cabalgata Solidaria na que os nenos e nenas poderán ver aos tres Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, e tamén a un cuarto rei, o da solidariedade, Artabán. Un total de once carrozas participarán este ano na comitiva que sairá ás 17.00 horas de Xuvia –da explanada fronte á empresa Megasa, na estrada de Castela- e con chegada prevista ás 18.30 horas á Praza de Galicia. A furgoneta do Centro de Recursos Solidarios de Narón abrirá a Cabalgata Solidaria -na Praza de Galicia recolleranse alimentos non perecedoiros para esta asociación- e pecharáa outra da Asociación de Bombeiros de Narón. A celebración rematará sobre as 21.00 horas.
Dende o Concello de Narón animouse á veciñanza da cidade, e tamén doutros municipios, ao igual que outros anos, a asistir á Festa de Fin de Ano e Benvida do Aninovo que se celebrará na Praza de Galicia, para festexar xuntos a entrada do 2020 gozando da música tanto da orquestra Capitol como dos DJs.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal