Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINOU 122.000 EUROS Á MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN FREIXEIRO
O CONCELLO DESTINOU 122.000 EUROS Á MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN FREIXEIRO
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que se instalaron 296 luminarias con tecnoloxía led, a maiores doutras intervencións para garantir a seguridade e funcionalidade das instalacións nesa zona da cidade
Narón, 2 de xaneiro de 2020. O Concello de Narón rematou os traballos de instalación de alumeado led no barrio de Freixeiro, un investimento de 122.034 euros e que permitiu substituír as antigas luminarias ubicadas en varios puntos desta zona urbana da cidade, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro. A rexedora local explicou que en total se substituíron 296 luminarias, a maiores doutras intervencións acometidas no mesmo contrato de mellora da eficiencia enerxética no alumeado de Freixeiro, donde as luminarias, según apuntou, tiñan máis de 25 anos de uso.
A maiores dos cambios das luminarias tamén se procedeu, con cargo a esta actuación, a reparar medio cento de brazos de alumeado, tamén varios soportes, reformáronse cadros de mando e protección e repasouse o cableado tanto das fachadas como aéreo. Estes traballos, tal e como indicou Ferreiro, “foi preciso realizalos por motivos de seguridade e de funcionalidade das instalacións”.
A zona na que se acometeron as intervencións está delimitada polas rúas comprendidas entre o acceso á FE-12, a AP-9 e a zona rural do Feal. Entre outras vías, as melloras de eficiencia enerxética son xa unha realidade en rúas como Valdoviño, Río Lérez, Cerrallón de Abaixo, Río Eume, San Benigno, Miguel de Cervantes, Cadaval, Luís de Góngora, Álvaro Paradela, Torrente Ballester e o parque do Río Freixeiro.
“A redución da potencia total da zona será dun 65,38%, o que nos permitirá un importante descenso na redución anual do custe enerxético da zona na que se actuou, e os aforros totais, por reducir a potencia contratada, a reposición de lámpadas e equipos auxiliares, falta de intervencións en mantemento e aforro na penalización en enerxía reactiva será de preto de 7.000 euros ao ano”, tal e como explicou a alcaldesa.
Na actualidade estanse levando a cabo obras de instalación de alumeado led en varias parroquias da zona rural, como Sedes, Castro e Pedroso e os traballos tamén se executaron o pasado ano en núcleos como o Alto do Castiñeiro e Xuvia. “Nos últimos catro anos o goberno local destinou máis de dous millóns de euros a financiar actuacións de mellora de eficiencia enerxética, un área na que continuaremos traballando nos vindeiros meses”, subliñou Marián Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal