Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INAUGURA A PRIMEIRA PISCINA TERAPÉUTICA PARA REHABILITACIÓN E NATACIÓN PARA MINUSVÁLIDOS E BEBÉS
Narón, 11 de Marzo de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, inauguraron hoxe a primeira piscina terapéutica ubicada no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara.Trátase dunha instalación deportiva complementaria á piscina pública da que dispón o pabellón, e que foi construida nun prazo de oito meses cunha inversión total de 212.661,62€. O presuposto foi aportado integramente polas arcas municipais, tal e como lembrou a Edil de Deportes. As obras comenzaron en xullo do ano 2008, e prolongáronse ata o pasado mes de febreiro. Neste tempo construíuse un vaso terapéutico cunha profundidade entre 1,20 e 1,50 metros, con dimensións de 4,75 x 6,65 metros e unha lámina de auga de 31,59 m2. O aforo da piscina é de 10 usuarios cada 45 minutos –duración das clases ou sesións- e a temperatura da auga oscila entre os 32º e os 35º. O Padroado de Deportes do Concello de Narón contempla varios usos para a piscina terapéutica, destinada inicialmente ós 170 usuarios que empregan a piscina actual para rehabilitación e fisioterapia, realizando programas de natación para minusválidos e para bebés, e ximnasia acuática. Os elementos principais desta piscina terapéutica son un chorro de auga, unha cascada de auga e un sistema contracorrente. O Concello instalará de forma complementaria unha sala de fisioterapia, para os mesmos usuarios, e ademáis contratará un socorrista para atender á nova instalación. O Alcalde destacou hoxe “a importancia deste novo servicio, que supón un paso importante de ampliación das instalacións municipais. Esta é a primeira inauguración que facemos, eu como Alcalde e Natalia Hermida como Concelleira de Deportes, e non será a última actuación que estrearemos”, dixo. Pola súa banda, a Edil de Deportes amosouse “satisfeita e orgullosa de acadar estas instalacións, que complementarán á outra piscina”. Natalia Hermida apuntou que “a rehabilitación que se realizará no novo vaso será de xeito complementario, e sempre estará dirixida por un fisioterapeuta”, finalizou.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal