Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA V MOSTRA DA CAMELIA E DO I CONCURSO DE FLOR DE CAMELIA
Se celebra os días 21 e 22 de marzo en Odeón.
Narón, 13 de Marzo de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presentou hoxe en rolda de prensa xunto co presidente da Asociación Galega da Camelia, Jose María Rivera Arnoso, a quinta edición deste certame que se celebrará os días 21 e 22 de Marzo no Centro Comercial e de Ocio “Dolce Vita Odeón”. Na comparecencia tamén estiveron presentes a Concelleira de Ocio e Festas de Narón, Mª del Mar Gómez, e o vicepresidente e o secretario da asociación, Tomás Casal e Enrique Gómez. As actividades se repartirán entre as duas xornadas do vindeiro fin de semana, e contarán coa participación aproximada de 40 expositores de toda a comunidade galega e a visita de outras 40 persoas de Asturias, afeccionadas á camelia. A principal novidade desta quinta edición da Mostra da Camelia é o I Concurso de Camelia “Cidade de Narón”, que inclúe sete premios nas seguintes categorías: mellor camelia japónica, mellor camelia reticulata, mellor especie de camelia, mellor híbrido de camelia, mellor flor miniatura, mellor camelia olorosa, e mellor cultivador-expositor. Ademáis se desenvolverá unha exposición e venta de camelias-higo e camelias olorosas, que traerán afeccionados a esta flor procedentes de Cantabria. O Alcalde, Jose Manuel Blanco, alabou a labor que fai a Asociación Galega da Camelia durante todo o ano, e expresou a súa satisfacción por engadir á mostra a celebración do 1º Concurso de Flor de Camelia “Cidade de Narón”. Ademáis, a Concelleira de Ocio e Festas animou a tódolos veciños e veciñas a asistir ó concerto da Xove Banda de Narón, que terá lugar o 21 de marzo ás 20 horas en Odeón, dentro do programa de actividades da Mostra da Camelia. Programa de actividades: Sábado 21 de Marzo 10:00 horas.- Apertura e montaxe da Mostra 13:00 horas.- Inicio da calificación dos lotes concursantes. 17:00 horas.- Inauguración oficial da Mostra e apertura ó público. Acto de entrega de premios. 20:00 horas.- Concerto da Xove Banda de Música. 22:00 horas.- Peche da Mostra Domingo 22 de Marzo 10:00 horas.- Apertura da Mostra 20:00 horas.- Clausura e desmontaxe da Mostra

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal