Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DO VAL DO CRA DE NARÓN E O CPI DO FEAL LOCEN MURAIS REALIZADOS A TRAVÉS DO PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS DE APOIO Á ESCOLA
Este ano, tal e como avanzou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, realizaranse novos obradoiros nos centros de ensino baixo a temática "As mulleres pintan moito na historia"
Narón, 22 de xaneiro de 2020. Alumnado da escola do Val do CRA de Narón e do CPI do Feal participou no pintado de dous murais exteriores que se realizaron no marco do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola impulsado a través do Concello nos centros de ensino da cidade a través dos “obradoiros de muralismo”. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que estes dous murais están xa rematados e agradeceu a participación tanto do alumnado e do profesorado dos centros participantes como a colaboración dos artistas que se implicaron nesta proposta. No caso da escola do Val do CRA de Narón o artista local Leandro Lamas foi o encargado de realizar o deseño do mural pintado xunto con nenas e nenos de educación Infantil e Primaria baixo o patio cuberto do centro. Neste caso a temática elixida foi a defensa das escolas rurais e de todos os valores que transmiten en materia de ensino, según recordou Taibo. En canto ao mural do CPI do Feal, tal e como apuntou a edil de Ensino, o que se fixo foi “recuperar co alumnado de terceiro curso de ESO un antigo mural que xa estaba pintado no exterior dun dos edificios pero que tras realizarse unhas obras na fachada xa non era visible”. O artista naronés Leandro Lamas e o tamén artista Suso Basterrechea foron os encargados de realizar o deseño orixinal no seu día e que agora loce de novo no citado colexio tal e como se concebiu inicialmente. Taibo recordou que o naronés Leandro Lamas xa colaborou tamén co Concello no deseño e pintado dos murais do exterior do local da Anpa do colexio de Piñeiros, coa temática das Letras Galegas; o do Auditorio da Praza de Galicia sobre Igualdade e tamén o do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros sobre a temática interxeracional. “Esta actividade tivo unha excelente acollida na cidade e contribúe a fomentar tanto a creatividade como a toma de decisións entre diferentes persoas”, apuntou Taibo. A edil naronesa avanzou que este mesmo ano se desenvolverán máis obradoiros nos centros de ensino, neste caso baixo a temática “As mulleres pintan moito na historia”. “Trátase de realizar deseños protagonizados por mulleres que formaron parte da nosa historia, que foron pioneiras nalgunha materia, e a través dos novos murais darémoslle visibilidade ao seu labor e á súa figura na historia”, recalcou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal