Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS CÓMICOS MANUEL MANQUIÑA, ROBER BODEGAS E OSWALDO DIGON PROTAGONIZAN MAÑÁ NO PAZO A COMEDIA "NOITES DE RETRANCA"
OS CÓMICOS MANUEL MANQUIÑA, ROBER BODEGAS E OSWALDO DIGON PROTAGONIZAN MAÑÁ NO PAZO A COMEDIA
Na xornada do sábado a compañía Contraproducións S.L. representará no Pazo unha nova comedia, "O Elenco"
Narón, 23 de xaneiro de 2020. O xénero da comedia será o protagonista das propostas culturais do Padroado da Cultura desta fin de semana no Pazo. Mañá venres, da man da compañía Rababiero Promocións Artísticas chegará o décimo aniversario de “Noites de retranca”, protagonizado polos cómicos Manuel Manquiña, Rober Bodegas e Oswaldo Digon, xuntos por primeira vez nun mesmo escenario con este espectáculo. A cita será a partir das 21.00 horas e constará de dúas horas de humor, tratándose dunha proposta que conseguiu permanecer sete anos consecutivos nas principais carteleiras dos teatros e auditorios máis representativos de Galicia. O prezo das entradas é de 18 euros no patio de butacas e de 15 nos anfiteatros, podendo adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Na xornada do sábado, día 25, a comedia continuará no Pazo, nesta ocasión da man da compañía Contraproducións S.L. que representará a obra “O Elenco”. Os actores Manu Baqueiro e Antonio Mourelos protagonizan esta peza cómica, dirixida na súa versión galega polo dramaturgo Cándido Pazó. A representación dará comezo ás 20.00 horas e o argumento céntrase nun recente elixido presidente da Xunta que se enfronta a un inesperado problema á hora de dar o seu discurso de investidura. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal