Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
CONTROLADO O INCENDIO REXISTRADO ESTA TARDE NA NAVE DA EMPRESA PAYDES NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
CONTROLADO O INCENDIO REXISTRADO ESTA TARDE NA NAVE DA EMPRESA PAYDES NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, personouse na zona aos poucos minutos de rexistrarse o incendio e agradeceu o traballo realizado polos profesionais que se desprazaron para colaborar na extinción do lume e garantir a seguridade, así como o ofrecemento de axuda por parte de diferentes organismos
Narón, 23 de xaneiro de 2020. O incendio que se rexistrou sobre as 16.45 horas desta tarde na nave da empresa Paydes, Papeles y desarrollos, duns 3.000 metros cadrados e ubicada na terceira fase do polígono industrial de Río do Pozo, está a estas horas controlado. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse ata a zona aos poucos minutos de rexistrarse o incendio e permanece a estas horas -21.15- no lugar dos feitos, ata donde tamén se desprazaron o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, e outros concelleiros da corporación local, así como o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e persoal de Protección Civil, entre outros efectivos.
Ao recibir a alerta do incendio tres persoas da dotación de garda do Speis de Narón desprazáronse ata a nave e unha vez na zona, ao comprobar que se trataba dun incendio industrial de grandes dimensións e con material inflamable solicitaron a colaboración de máis compañeiros do Speis de Narón –doce efectivos- e en previsión do risco alertaron tamén aos Bombeiros de Ferrol, dende donde chegaron sete efectivos e quedaron catro axudando. Coa colaboración da Policía Nacional evacuouse ao persoal, que afortunadamente non sufriu danos, e tamén se procedeu a pechar o perímetro do sector III do polígono de Río do Pozo, coa axuda da Policía Nacional e Local e Protección Civil, para evitar o tránsito pola zona e mantela controlada en todo momento.
O persoal do Speis desprazouse ao punto con dous camións escaleira, dúas motobombas de extinción e un vehículo nodriza da empresa Urbaser con capacidade de 8.000 litros, dotación á que se sumaron un camión escaleira dos bombeiros de Ferrol, outro forestal e un vehículo bomba e tamén un equipo de bombeiros de Navantia e dúas motobombas do GES de Mugardos.
A alcaldesa da cidade agradeceu a colaboración de todo o persoal que colabora dende primeira hora da tarde na extinción do lume e tamén o ofrecemento do Consorcio Provincial de Bombeiros da Coruña, que se puxo á disposición en caso de que precisasen a súa axuda. Así mesmo, Ferreiro, valorou que o xerente da Axega e o director provincial de Protección Civil se desprazasen á zona para ofrecer a súa colaboración ante este suceso. “O persoal que traballa no lugar mantén controlado o incendio, donde se rexistrou unha cantidade moi elevada de lume que xerou unha gran carga térmica e que poñía en perigo as naves colindantes”, tal e como indicou a rexedora local.
Ferreiro asegurou que “ante esta situación reforzouse o servizo do Speis e quince bombeiros continuarán na zona varias horas porque aínda que o lume está controlado é preciso manter a vixilancia ata que quede completamente extinguido para evitar a posibilidade de que se reavive algún punto de lume, dado que se trata de material altamente inflamable”. A alcaldesa da cidade reiterou o agradecemento polo traballo que desenvolve todo o persoal desprazado á zona e tamén o daqueles organismos e persoas que ofreceron a súa axuda ante a gravidade que presentaba a situación a primeira hora desta tarde.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal