Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE INAUGURA A AMPLIACION DO CENTRO OCUPACIONAL DA ASOCIACIÓN NOSA SEÑORA DE CHAMORRO
Dará servicio a 50 discapacitados intelectuais desta entidade.
Narón, 13 de Marzo de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, inaugurou hoxe a ampliación do Centro Ocupacional da Asociación “Nosa Señora de Chamorro”, ubicado no lugar do Cruceiro s/n (O Val). Trátase dunhas instalacións que contan con área de rehabilitación, unidades de apoio xeneralizado e unha unidade de maiores, además de zona de estar con espacio para os momentos de descanso e ocio, e un porche exterior cuberto. O orzamento total desta obra ascendeu a 900.000 euros, se desenvolveu entre abril e novembro de 2008 e consta dun edificio dunha sola planta e anexo ó actual centro ocupacional. Este proxecto nace co obxetivo de proporcionar novas oportunidades e alternativas na atención ós usuarios do centro, contribuir á mellora do seu benestar físico e emocional e ás súas capacidades cognitivas, ademáis de crear ambientes motivadores que fomenten a súa capacidade de decisión e elección. Os beneficiarios das novas instalacións será 50 persoas con discapacidade intelectual desta asociación, unha cifra que dende o Concello de Narón tratarase de ampliar a través da construcción de novos servicios para estas persoas, tal e como declarou o Alcalde. Jose Manuel Blanco asegurou que unha das prioridades do goberno municipal é a construcción dunha residencia para maiores asistidos, aínda que para eso precísase do apoio doutras administracións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal