Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OPERATIVAS AS TRES RUTAS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO PARA CONECTAR A ZONA RURAL COS INSTITUTOS DA CIDADE
A Concelleira de Transporte, Mar Gómez, valorou a entrada en funcionamento dos cambios requeridos e avanzou que tamén se habilitará unha parada en Freixeiro na liña de Cedeira a Ferrol que pasa por San Mateo e O Val
Narón, 24 de xaneiro de 2020. O Concello presentou o pasado ano alegacións ao Plan de Transporte Metropolitano, entre as que se incluían as achegas realizadas dende as asociacións veciñais Os Cruceiros, de Castro; Os Irmandiños, do Val; a Agrupación Veciñal de San Mateo e as Anpas Castelao, do IES das Telleiras, e Pérez Alberti, do IES Terra de Trasancos. Estas alegacións, según recordou a concelleira de Transporte, Mar Gómez, foron atendidas, e na actualidade estanse a respectar os cambios plantexados dende o Concello e os citados colectivos en canto ás modificacións horarias e incrementos de paradas solicitadas. “As tres rutas básicas da zona rural están totalmente cubertas, co que o alumnado que se despraza aos institutos da cidade xa dispón dun servizo de bus que lle permite chegar a tempo á entrada das clases nos institutos da cidade e tamén regresar ao mediodía, así como os martes polas tardes, cando tamén está operativo o servizo”, explicou a edil naronesa. A ruta que pasa por San Mateo e O Val, a de Castro, e a procedente de Sedes por Ferrerías e Xuvia están xa conectadas cos institutos naroneses, tal e como valorou Gómez. A maiores, en conversas con responsables da empresa, incrementouse nunha parada a liña de buses que sae a diario de Cedeira ás 10.30 horas en dirección Ferrol e pasa polas parroquias de San Mateo e O Val. Esta parada realizarase xunto ao establecemento O Pote, en Freixeiro, sobre as 11.30 horas. Así o indicou a concelleira de Transporte, que recalcou que con esta medida “os veciños e veciñas desas zonas do rural naronés poderán achegarse ao centro da cidade, quedando moi preto do centro de saúde e do Consistorio”. O regreso desta ruta será sobre sobre as 12.45 horas no mesmo punto e pasará tamén por San Mateo e O Val, tal e como confirmou hoxe mesmo a empresa ao goberno local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal