Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O SPEIS DE NARÓN DECLARA EXTINGUIDO O INCENDIO QUE SE INICIOU ONTE NA NAVE DA EMPRESA PAYDES NO POLÍGONO DE RÍO DO POZO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, anunciou que xa se comunicou ao 112 a extinción do lume, sobre as 18.00 horas, e tamén aos propietarios da nave, que se persoaron na zona
Narón, 24 de xaneiro de 2020. O incendio da nave da empresa Paydes, Papeles y desarrollos, localizada no sector III do polígono industrial de Río do Pozo e adicada á fabricación de bolsas de papel e plástico, está a estas horas extinguido. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que explicou que a evolución dos traballos realizados polos bombeiros do Speis de Narón dende o mediodía permitiu extinguir o incendio declarado na tarde de onte nas citadas instalacións a pesares de que inicialmente se apuntou á posibilidade de que tivese que quedar un retén a fin de semana debido á temperatura que alcanzou o interior das instalacións. Os propietarios da nave xa recibiron información da extinción do lume e persoáronse no lugar tras ser avisados polo Speis. O incendio estivo controlado dende a tarde de onte pero aínda esta mañá se rexistraban pequenos focos no interior das instalacións que controlaron durante o día de hoxe os bombeiros de Narón. Os axentes da Policía Local de Narón quedaron na zona á espera de que unha compañía de seguridade, contratada polos donos da nave, chegase para facerse cargo da vixilancia da zona e os profesionais do Speis regresaron ás instalacións do Corpo, tamén ubicadas no polígono de Río do Pozo. “Dende o Speis de Narón xa trasladamos ao 112 que o incendio está extinguido dende aproximadamente as seis da tade”, apuntou Ferreiro, valorando o traballo que realizaron todos os profesionais que participaron nas tarefas de extinción e os ofrecementos de colaboración dende outros concellos e organismos.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal