Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
DANZA CONTEMPORÁNEA CO ESPECTÁCULO "PLAY" E A COMEDIA "D.QUIJOTE SOMOS TODOS" ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
Na xornada do venres 31 de xaneiro a proposta cultural diríxese a público familiar e infantil, se ben a representación do sábado 1 de febreiro será para adultos
Narón, 28 de xaneiro de 2020. O espectáculo “Play”, dirixido a público familiar e infantil, poderá verse este venres, día 31, no Pazo da Cultura, a partir das 18.00 horas. A compañía Aracaladanza trae a Narón este espectáculo de danza contemporánea. Trátase dunha obra que representa unha gran festa na que se contaxia ao público de alegría e diversión. O xogo da pita cega, videoxogos antigos, cans bailaríns que escoitan gatos… forman parte deste espectáculo para o que as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral; 6,65 para persoas desempregadas, con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e 5,50 euros para menores de 14 anos. A compañía Teatro del Temple inaugurará a programación do Padroado da Cultura no mes de febreiro nas instalacións do Pazo. Será este sábado, día 1, coa representación da obra D. Quijote somos todos, que comezará ás 20.00 horas. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). D. Quijote somos todos é a historia dun pobo manchego que loita por non desaparecer a pesares de estar abandoado nunha España baleira, con escasas comunicacións e malos servizos, pero cun gran patrimonio, o de ser o berce do máis famoso cabaleiro andante, Don Quixote da Mancha. Os muíños de vento, os galeotes e a cova de Montesinos adquiren unha nova perspectiva nesta comedia.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal