Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O SPEIS ACOMETEU VARIAS ACTUACIÓNS PARA CONTROLAR O RISCO DE CONTAMINACIÓN MEDIOAMBIENTAL TRALO INCENCIO NA NAVE DA EMPRESA PAYDES
O SPEIS ACOMETEU VARIAS ACTUACIÓNS PARA CONTROLAR O RISCO DE CONTAMINACIÓN MEDIOAMBIENTAL TRALO INCENCIO NA NAVE DA EMPRESA PAYDES
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que se levaron a cabo diversas medidas preventivas co fin de controlar riscos de contaminación medioambiental
Narón, 28 de xaneiro de 2020. O equipo do Speis de Narón realizou a pasada fin de semana diques e unha zona de contención de augas sucias ou vencelladas aos residuos líquidos que se xeraron tralo incendio rexistrado o pasado xoves na nave da empresa Paydes, Papeles y Desarrollos, no polígono de Río do Pozo. A medida adoptouse, tal e como explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, debido á ubicación da nave –nun punto elevado en relación ao vial de acceso ao solar- e ante a combustión de produtos como plásticos, celulósicos, aceites e graxas, entre outros, e a previsión de choiva para esta semana. “Foi preciso levar a cabo estas actuacións preventivas para controlar o risco de contaminación medioambiental”, recalcou Ferreiro.
Entre a xornada do sábado 25 e o domingo 26 realizouse inicialmente un dique no exterior da nave afectada para que as augas de escorrentía non fosen a parar ás arquetas localizadas na zona, coa contaminación que suporía debido a que o pasado sábado se rexistraron saídas puntuais de líquidos do interior da nave. Así mesmo, selláronse as arquetas desa zona ubicadas na rúa, tamén co fin de que esas escorrentías afectasen á rede de pluviais e realizouse tamén un dique interior para que contivese inicialmente os produtos contaminantes e actuase a modo dunha primeira barreira de contención, tal e como apuntou a alcaldesa.
No exterior da nave de Paydes tamén se realizou un depósito para a recollida de auga (6x10x2 metros) –a modo de “piscina”- para recoller os produtos contaminados e poder aspiralos e transportalos posteriormente a unha planta de tratamento específico, explicou.
“Os traballos realizados teñen como obxectivo previr a contaminación de pluviais que, neste tipo de situacións, é elevado”, asegurou Ferreiro, que valorou as actuacións levadas a cabo dende o pasado xoves polos diferentes equipos de profesionais para evitar riscos maiores tanto nas naves colindantes como na área medioambiental.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal