Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE INDUSTRIAIS METALÚRXICOS DE GALICIA
A ALCALDESA ASINOU UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN DE INDUSTRIAIS METALÚRXICOS DE GALICIA
Marián Ferreiro rubricou o acordo con Enrique Mallón, secretario xeral de Asime, e a través do que se formará a 25 persoas desempregadas e empadroadas na cidade
Narón, 30 de xaneiro de 2020. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou esta mañá un acordo de colaboración con Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) co fin de cooperar para o desenvolvemento de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas de Narón e comarca. No acto estivo tamén presente a concelleira de Formación, Natalia Hermida.
O obxectivo deste acordo é regular o marco de cooperación entre o Concello e Asime, co que esta última entidade formará e mellorará a empregabilidade de persoas desempregadas da cidade co obxectivo de insertalas laboralmente. Pola súa banda, o Concello cederá a Asime as instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, no polígono da Gándara, para que se impartan accións formativas, en horario de mañá e de tarde, entre os meses de febreiro e novembro deste ano, período no que se desenvolve o Programa Integrado para o Emprego concedido a Asime pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A través do acordo darase formación a trinta persoas da comarca, das que 25 inscribíronse nas oficinas do Sepe correspondentes a Narón e están empadroadas na cidade, algo que valorou moi positivamente a rexedora local. Os itinerarios que se prevén facer serán sobre Soldadura e Loxística, en ambos casos con prácticas en empresas, tal e como indicaron dende Asime.
“Estamos dispostos a colaborar co Concello en todo o que poidamos porque é moi importante que existan centros de formación como o voso”, asegurou Mallón, que agradeceu a colaboración prestada dende o goberno local naronés e recalcou que tivo un gran éxito de inserción.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, avanzou que as instalacións serán obxecto de varias melloras nos vindeiros meses, que permitirán dar maiores usos e agradeceu o interese amosado dende Asime polo traballo que en materia de formación se está levando a cabo na cidade”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal