Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A CORPORACIÓN APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN INSTANDO AO GOBERNO CENTRAL A APROBAR UN ESTATUTO PARA A INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA
A CORPORACIÓN APROBA POR UNANIMIDADE UNHA MOCIÓN INSTANDO AO GOBERNO CENTRAL A APROBAR UN ESTATUTO PARA A INDUSTRIA ELECTROINTENSIVA
No documento esíxese, entre outras medidas, que o novo estatuto do sector permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos do traballo
Narón, 30 de xaneiro de 2020. O Concello acolleu esta tarde a sesión plenaria de carácter ordinario, a partir das 19.00 horas, na que se debateron un total de cinco mocións, catro incluídas na orde do día e unha presentada por vía de urxencia. No pleno aprobouse por unanimidade da corporación unha moción presentada polo BNG para instar ao goberno central a aprobar un estatuto para a industria electrointensiva que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo. Os nacionalistas indicaron que a actual crise da industria electrointensiva en Galicia pon en risco máis de 5.000 postos de traballo no sector, afectando a comarcas como a de Ferrol e as da Mariña, A Coruña e Costa da Morte e inciden na situación da empresa local Megasa. A través deste acordo ínstase ao goberno central a aprobar de inmediato un estatuto para a industria electrointensiva cunha tarifa estable e economicamente asumible que permita a competitividade industrial e o mantemento dos postos de traballo e, a maiores, aprobar medidas para que estas industrias teñan a máxima compensación permitida pola Unión Europea por CO2 indirecto, para competir con outras similares instaladas noutros lugares.
Así mesmo, aprobouse –cos votos en contra do PP- unha segunda moción dos nacionalistas, esixindo a mellora da sanidade pública e na que se acordou apoiar a manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública do vindeiro 7 de febreiro en Compostela. A redución das listas de espera e tempos de demora das consultas, esixir o cese da política de desmantelamento e peche de servizos de hospitais na nosa área, acabar coa privatización de recursos e coa precariedade e explotación laboral do persoal dos servizos de saúde, forman parte das medidas que se trasladarán á Consellería de Sanidade. Así mesmo, demándase ao goberno galego a adecuación dos orzamentos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde ás necesidades reais do centro de saúde da cidade, dotándoo do persoal necesario para garantir unha atención accesible e de calidade.
O PSOE presentou unha moción sobre o financiamento das entidades locais na prestación do Servizo de Axuda no Fogar, instando á Xunta e ao Goberno central a asumir o custo dunha competencia que lles é propia ou, cando menos, tal e como figura no documento, dotar aos concellos das cantidades orzamentarias suficientes para facerlles fronte, chegando como mínimo á aportación da Deputación da Coruña. TEGA e o BNG respaldaron o documento, mentres que os edís populares se abstiveron no momento da votación. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, denunciou o feito de que “a Xunta de Galicia leva dende o ano 2008 pagando 9,70 euros a hora, doce anos sen actualizar a súa achega a este servizo”, ao tempo que criticou a precariedade actual que impide que o persoal que exerce este labor poida desempeñalo nunhas condicións dignas. “O Concello de Narón é un mero tramitador do Servizo de Axuda no Fogar sendo as competencias dos gobernos autonómico e estatal”, subliñou a edil.
Pola súa banda, o PP presentou unha moción –que non se aprobou- solicitando unha modificación das ordenanzas fiscais en relación ao imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. O concelleiro de Xestión Orzamentaria, Román Romero, asegurou que “sería un acto de total irresponsabilidade pola nosa parte se recén aprobados os orzamentos municipais modificamos agora unha ordenanza. O lóxico será que se modifique a lei que a regula e posteriormente, dende o Concello, analizar se é posible aplicar algunha modificación sobre a mesma”, recalcou. Na mesma liña se manifestou o portavoz do PSOE local, David Pita, que incidiu en que “non é o momento de modificar este imposto e debemos ser serios con respecto ao orzamento aprobado”.
Fóra da orde do día saíu adiante unha moción do PP instando ao goberno central a aboar a débeda pendente a Galicia. Neste punto o edil Guillermo Sánchez Fojo explicou que o voto favorable de TEGA nun asunto que corresponde á Xunta é “por lealdade política e institucional”. Finalmente saíu adiante unha declaración institucional en apoio ás persoas con alzheimer e os seus familiares, atendendo a un documento presentado dende a entidade AFAL Ferrolterra para instar ao goberno central a acelerar a posta en marcha do Plan Nacional de Alzheimer e outras demencias 2019-2023.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal