Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS DO INXERTO E O ROTEIRO DIDÁCTICO POLA RÍA "O AIRE DE NARÓN"
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS DO INXERTO E O ROTEIRO DIDÁCTICO POLA RÍA
A actividade enmárcase no programa municipal "Narón en Transición", impulsado a través da Concellería de Medio Ambiente que preside o edil Santiago Galego
Narón, 3 de febreiro de 2020. O programa Narón en Transición organizou unha nova visita ao tanque de tormentas da zona do Inxerto (nas inmediacións do Centro Comercial Alcampo), que se celebrará este mércores, día 5 ás 17.30horas, e á que acudirán unha vintena de mulleres que participan nas actividades municipais “Quérome” e “Movéndonos con saúde”, tal e como avanzou o concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego.
Ao igual que na convocatoria que tivo lugar o pasado 22 de xaneiro, un técnico do programa Narón en Transición asistirá á visita, na que persoal da empresa Acuaes ofrecerá aos asistentes unha explicación sobre o funcionamento das instalacións e tamén respostará a calquera pregunta que se plantexe sobre as mesmas.
Así mesmo, o concelleiro de Medio Ambiente avanzou que o vindeiro sábado, día 8, terá lugar o segundo itinerario didáctico do programa medioambiental Narón en Transición, “O aire de Narón”. “As persoas que o desexen deben anotarse previamente no Concello e terán a oportunidade de realizar un percorrido que denominamos “Volta á ría pequena”, con saída e chegada ao final da rúa Marcial Calvo e un percorrido por superficies asfaltadas e camiños de terra de algo máis de sete quilómetros”, apuntou Galego. Os caminantes sairán do paseo, á altura da rúa Marcial Calvo en dirección á pasarela peonil de madeira que une os paseos de Narón e Neda para, a continuación, dirixirse á piscina de verán e Neda, rúa da Estación e inicio da pasarela da vía do tren cara ao Couto, donde pola senda do camiño a San Andrés chegarán de novo ao paseo de Xuvia, tal e como explicou o edil naronés.
Para poder participar neste novo itinerario, para o que hai un máximo de vinte prazas, é preciso inscribirse previamente, debendo facelo ata o vindeiro venres, día 7, na OMIX de Narón, presentando o formulario –que se pode descargar da web do Concello: http://www.naron.es/web/docs/ficha-inscricion-itinerario.pdf- e entregalo na OMIX de Narón (no primeiro andar) ou envialo á dirección de correo electrónico: info@sedega.com.
“As persoas que participen no roteiro “O aire de Narón” recibirán material e información para poder aproveitar ao máximo esta actividade, xa que se lles dará información sobre aves mariñas, a enerxía do vento, o medio rural e urbán, ornitoloxía, e realizarán unha serie de experimentos finais para poñer en práctica todo o aprendido nesta actividade”, subliñou Galego. O edil naronés animou ás veciñas e veciños interesados en participar a anotarse nesta actividade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal