Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A "XVI MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" DESENVOLVERASE ESTA FIN DE SEMANA NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
A
O evento inclúe a maiores da exposición de distintas variedades de flor o "XII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón", que terá lugar o sábado
Narón, 3 de febreiro de 2020. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, e o edil de Feiras, Santiago Galego, presentaron esta mañá xunto con Eusebio López, vicepresidente da Asociación Galega da Camelia, e Manuel Pico e Manuel Cruz, secretario e tesoureiro, respectivamente da citada entidade, a “XVI Mostra da Camelia Cidade de Narón”, que se celebrará esta fin de semana, o sábado e o domingo, nas instalacións do Centro Comercial Odeón. En total está prevista a participación de cultivadores de camelios de Narón e doutros concellos da comarca, pero tamén chegarán procedentes doutros municipios e comunidades. A convocatoria incluirá a duodécima edición do Concurso de Flor de “Camelia Cidade de Narón”.
O vicepresidente da Asociación Galega da Camelia avanzou que participarán un total de trinta expositores –xa confirmados, aínda que poden anotarse ata o vindeiro xoves máis persoas chamando ao número de teléfono 660 599 700- de Narón e comarca pero tamén chegados de Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e, maioritariamente, de Pontevedra. A apertura e montaxe da Mostra será o sábado a partir das 9.00 horas e ás 13.00 horas o xurado iniciará a calificación dos lotes presentados ao Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón, estando garantido este ano o éxito de floración, tal e como indicou López. Pola tarde, ás 17.00 horas será a inauguración oficial da Mostra que se abrirá ao público coincidindo co acto de entrega de premios e poderá visitarse ata as 20.00 horas. O domingo tamén se poderá ver entre as 11.00 e as 18.00 horas, momento no que se clausurará e nesta xornada inclúese a maiores a visita ao xardín de camelias dun dos socios fundadores da Asociación Galega da Camelia, Abelardo Seoane, ubicado en Magalofes (Fene) e a finca de Manuel Pico, secretario da entidade. As persoas interesadas en asistir deben tamén anotarse previamente (chamando ao teléfono 660 599 700- e reuniranse ás 10.00 horas na explanada da gasolineira de Fene, co fin de saír sobre as 10.15 horas de alí cara ao xardín de Abelardo Seoane, tal e como explicou Eusebio López.
En canto aos premios do citado certame, entregaranse á Mellor Camelia japónica, á Mellor Camelia reticulata, á Mellor especie de camelia, ó Mellor híbrido de Camelia, á Mellor flor miniatura, ó Mellor cultivador-expositor e á Mellor composición artística colectiva. A este último premio poderán optar todas as agrupacións que representen a un colectivo (asociacións, entidades culturais, etc.), ás que López animou a participar.
A edil de Turismo explicou que se trata dun evento “moi consolidado no Concello de Narón e que organizamos en colaboración coa Asociación Galega da Camelia para esta fin de semana no Centro Comercial Odeón”. Neste concello, asegurou “xa é unha tradición facer esta mostra, que cada ano causa máis expectación e recibe máis visitas porque a exposición que fan é todo un espectáculo”, subliñou Hermida.
Finalmente, o edil de Feiras, Santiago Galego agradeceu o traballo realizado pola Asociación Galega da Camelia ao longo do ano, “para esta mostra e para a conservación e creación de novas especies como a camelia Cidade de Narón”. Galego asegurou que o Concello está orgulloso de continuar participando neste evento e convidou á cidadanía a desprazarse ao Centro Comercial Odeón para desfrutar desta nova edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal