Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE TEATRO INFANTIL "UN BERCE CHEO DE CONTOS"
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR AO ESPECTÁCULO DE TEATRO INFANTIL
A Concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que a representación, para a que é preciso inscribirse previamente, terá lugar o vindeiro mércores, día 5, no Centro Cívico Social de San Xiao
Narón, 3 de febreiro de 2020. O Centro Cívico Social de San Xiao acollerá este mércores, día 5, o espectáculo “Un berce cheo de contos”, protagonizado pola compañía Migallas Teatro. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que esta proposta se enmarca no programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego e que se impulsa dende o Concello a través do Servizo de Normalización Lingüística. Haberá dúas sesións, unha ás 17.30 e outra ás 19.00 horas, cunha duración aproximada de media hora e para a que aínda quedan algunhas vacantes dispoñibles, según recordou a edil naronesa.
Esta obra teatral, con entrada de balde, diríxese a nenas e nenos de 0 a 3 anos e as súas familias, podendo asistir un máximo de 25 por sesión, que deberán estar acompañados dunha persoa adulta. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico á dirección a.pita@naron.es, no que debe figurar o nome da actividade, o nome e idade do neno ou nena, o nome do pai, a nai ou a persoa que o vaia acompañar, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, según recalcou a concelleira de Ensino.
Chispa é o protagonista desta historia, que chegada a hora de durmir non ten sono e non para de chorar. Para calmalo e que poida durmir cóntanlle uns contos nos que están moi presentes a tradición oral, os álbums ilustrados e a música en directo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal