Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO PARA APRENDER A USAR O TELÉFONO MÓVIL
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO PARA APRENDER A USAR O TELÉFONO MÓVIL
Está dirixido a persoas maiores, é gratuito e se celebra os días 26 e 27 de marzo
Narón, 18 de Marzo de 2009.- As Concellerías de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores e Igualdade veñen de organizar un curso sobre o uso do teléfono móvil, que será impartido por profesionais da empresa Vodafone. Baixo o título “Aprende a usar o teu móvil”, o curso teñe unha duración total de tres horas nas que se explicará ás persoas maiores o manexo básico destos aparatos, así coma certos trucos para empregar o terminal e a batería do xeito máis rentable, e facer uso dos elementos de seguridade.

Haberá un curso na zona urbana e outro na zona rural. O primeiro será o día 26 de Marzo no Centro Municipal de Atención ás Persoas Maiores (rua Illa San Vicente, nº1) e o segundo o día 27 de Marzo, no Centro de Maiores de Pedroso. Ambos se celebrarán en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Os interesados poden inscribirse nos propios centros de maiores nos que se desenvolverán estos cursos, que son gratuitos. O Concello estableceu un total de 25 prazas para cada un deles.

As responsables das delegacións de Novas Tecnoloxías e Persoas Maiores, Paloma González e Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe en rolda de prensa este curso de formación para maiores, e animaron a tódolos veciños de Narón que inclúanse nesta franxa de idade que se interesen por o mesmo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal