Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE VIXILANCIA PARA ERRADICAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA ESPECIAL DE VIXILANCIA PARA ERRADICAR OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS
O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, recordou que este tipo de condutas implican unha sanción trala apertura dos pertinentes expedientes
Narón, 5 de febreiro de 2020. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego informou hoxe sobre o inicio dunha campaña especial de vixilancia impulsada polo Concello para controlar os vertedoiros incontrolados. O edil explicou que se implicarán nesta iniciativa axentes da Policía Local de Narón e tamén asociacións veciñais e entidades da cidade vencelladas ao medio ambiente. “O obxectivo final é erradicar e acabar cos vertedoiros incontrolados no termo municipal, para o que tamén solicitamos a colaboración cidadá ao considerar que o respecto e coidado do medio ambiente é responsabilidade de todas e todos nós”, asegurou.
Galego indicou que nos últimos anos rexistrouse un descenso de puntos de vertedoiros incontrolados e alertou sobre os riscos que supoñen tanto para a natureza como para a saúde. “Estas escombreiras, máis pequenas e difíciles de detectar, proliferan en zonas pouco concorridas onde empresas e particulares verten residuos, a pesar do risco e perxuizo que se ocasiona con este tipo de condutas”, asegurou o edil. Ao respecto, e tras enumerar parte dos inconvintes e perigos máis destacados dos vertedoiros incontrolados –filtracións en augas soterradas e ríos, acumulación de substancias perigosas no chan, perigo de incendios…- Galego recalcou que “os incumprimentos da normativa vixente nesta área a nivel municipal serán denunciados, coa conseguinte apertura dun expediente sancionador no caso de cada unha das infraccións que se detecten.
O concelleiro recordou algunhas das campañas que nos últimos meses se levaron a cabo na cidade co fin de sensibilizar e concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar o medio ambiente e fomentar a reciclaxe, entre eles varias xornadas e actividades nas que participou persoal técnico e dirixidas a diferentes colectivos. En canto ao tema dos vertedoiros incontrolados recordou que se realizou un traballo de mapeo no municipio para detectar e localizar os puntos de vertedoiros incontrolados para, a continuación, facer unha retirada e clasificación dos residuos para entregalos nun xestor autorizado. Galego instou á veciñanza a facer uso dos servizos municipais, como o Punto Limpo de Río do Pozo ou o de recollida de voluminosos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal