Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMPAÑÍA PENTACIÓN ESPECTÁCULOS REPRESENTARÁ NO PAZO A OBRA "ESPERANDO A GODOT"
A cita será este sábado día 8 ás 20.00 horas e as entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 6 de febreiro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 8, ás 20.00 horas a representación da obra “Esperando a Godot”, da compañía Pentación Espectáculos. Os actores Pepe Viyuela, Alberto Jiménez e Fernando Albizo forman parte do elenco desta obra, todo un clásico do século XX e fundamentado na humanidade e comicidade. As entradas teñen un prezo de 18 euros para o público xeral e de 12,60 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). As entradas para os espectáculos do Pazo da Cultura poden adquirirse na billeteira do propio Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura de Narón: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal