Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A "XVI MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN" INAUGURASE MAÑÁ NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN
A
O Concello organiza o evento en colaboración coa Asociación Galega da Camelia e o Centro Comercial Odeón, entre outras entidades
Narón, 7 de febreiro de 2020. O Centro Comercial Odeón acollerá mañá e o domingo a “XVI Mostra da Camelia Cidade de Narón”. O Concello organiza este evento en colaboración coa Asociación Galega da Camelia e do Centro Comercial Odeón. A montaxe da Mostra comezará mañá ás 9.00 horas nunha das plazoletas de Odeón e a partir das 13.00 o xurado comezará a valorar os lotes presentados polos concursantes ao “XII Concurso de Flor de Camelia Cidade de Narón”.
A apertura ao público da Mostra será mañá ás 17.00 horas, coincidindo coa inauguración oficial da mesma e co acto de entrega de premios aos lotes que reciban maior puntuación. Haberá premios para a Mellor Camelia japónica, a Mellor Camelia reticulata, a Mellor especie de camelia, o Mellor híbrido de Camelia, a Mellor flor miniatura, o Mellor cultivador-expositor e a Mellor composición artística colectiva (este último dirixido a asociacións, entidades culturais…). Participan este ano cultivadores de camelios de Narón e comarca e tamén procedentes de A Coruña, Lugo, Pontevedra (de donde acudirá o grupo maioritario) e tamén doutras comunidades como Asturias e Cantabria. Na xornada do sábado, a Mostra poderá verse ata as 20.00 horas.
O domingo reabrirase ás 11.00 horas, e ata as 18.00, momento da clausura, se ben ás 10.30 horas está programada unha visita aos xardíns de camelias de Abelardo Seoane, natural de Fene e socio fundador da Asociación Galega da Camelia, e tamén de Manuel Pico, secretario da entidade. As persoas que desexen acudir deben anotarse chamando ao número de teléfono 660 599 700 e reuniranse ás 10.00 horas na explanada da gasolineira de Fene para saír sobre as 10.15 cara ao xardín de Abelardo Seoane.
Dende o Concello animaron á veciñanza a desprazarse a Odeón esta fin de semana para poder comprobar a calidade e variedade das flores que alí se poderán ver tanto mañá como o domingo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal