Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE "SERVIZOS BÁSICOS DE RESTAURANTE E BAR"
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, recordou que o curso diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas en Narón, que poderán anotarse ata o día 18 deste mes
Narón 10 de febreiro de 2020. O Concello abrirá mañá martes –ás 8.30 horas- o prazo de inscrición nun curso de Servizos básicos de restaurante e bar. En total hai quince prazas –que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición- e que se dirixen a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. As persoas interesadas en anotarse deben facelo dende mañá ata o 18 de febreiro –ás 13.30 horas- no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O curso terá unha duración total de 336,5 horas, e impartirase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, e nas instalacións das empresas colaboradoras en prácticas (estas últimas no horario que se determine, a razón de cinco horas diarias), se ben as clases serán de luns a venres en horario de mañá. As datas previstas de celebración do curso son do 26 de febreiro ao 8 de xuño deste ano.
Prevención de riscos laborais específicos; Hixiene alimentaria no sector da hostalería; Competencias básicas dos profesionais da hostelería; O preservizo e postservizo na área de consumo de alimentos e bebidas; Limpeza de instalacións e equipos; Técnicas básicas de atención ao cliente e Formación práctica en obradoiros forman parte dos contidos deste curso. Así mesmo, o alumnado realizará 120 horas de prácticas profesionais non laborais e formación sobre Módulos transversais sobre a igualdade de xénero (5 horas); e a Sensibilización medioambiental (5 horas) e asistirá a unha charla cun responsable de Recursos Humáns no sector da hostalería, tal e como indicou Hermida.
Para obter máis información pódese consultar a páxina web do Concello –www.naron.es (sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais)- ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do número de teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal