Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO PARA CONDENAR O ASASINATO DE DÚAS MULLERES EN LUGO E GRANADA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a concentración, á que acudiron outros representantes da corporación local, persoal do Concello e algúns veciños e veciñas da cidade
Narón, 10 de febreiro de 2020. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá a concentración que tivo lugar ante a porta principal do Concello tralo asasinato, presuntamente a mans da súa parella, de Clara María Expósito, unha muller de 49 anos, veciña do barrio de As Gándaras (Lugo), separada e nai de dous fillos, un deles menor de idade. O tráxico suceso tivo lugar na xornada do pasado sábado, día no que o suposto autor do crime foi detido por axentes da Policía Nacional, negándose a declarar. A vítima foi enterrada onte pola tarde na parroquia lucense de Santa Comba. Na concentración que tivo lugar en Narón, á que asistiron representantes da corporación local, persoal funcionario e interino do Concello e algúns veciños e veciñas da cidade, gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa á violencia machista e tamén para amosar as condolencias a familiares e amizades da muller asasinada en Lugo e tamén da asasinada o mesmo día en Granada. Nesta última provincia a vítima tiña 38 anos, una filla menor de idade, e tamén foi apuñadala, presuntamente pola súa parella, que se entregou á Garda Civil. Os representantes políticos da cidade portaron unha pancarta co lema “Narón contra a violencia de xénero”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal