Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE RECICLAXE DE PAPEL E PLÁSTICO NO MARCO DO PROGRAMA "NARÓN EN TRANSICIÓN"
O Concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, animou á veciñanza a acudir a este Obradoiro que se celebrará este sábado na Praza de Galicia
Narón, 11 de febreiro de 2020. O Concello organiza a través do programa municipal “Narón en Transición” unha nova actividade de concienciación medioambiental que se desenvolverá o vindeiro sábado, día 15, na Praza de Galicia. O concelleiro de Feiras e Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que se trata da feira temática “Precius Plastic”, que consistirá nun obradoiro de reciclaxe de papel e plástico. A convocatoria, tal e como apuntou o edil, diríxese a persoas de tódalas idades –non sendo precisa inscrición previa- e levarase a cabo entre as 11.00 e as 14.00 horas. Baixo unha carpa e nunhas mesas, colocarase o material preciso para que as persoas interesadas en participar poidan facelo. Tomar conciencia da crise do lixo, aprender a pirámide do residuo, o significado da compostaxe, e reciclar follas de papel forman parte dos obxectivos deste programa, centrado, tal e como explicou Galego, en “incrementar as porcentaxes de reciclaxe e a reutilización de materiais para reducir a cantidade de residuos que se xeneran día a día”. Deste xeito, recalcou, “escomezaremos a limitar o gran imparto na produción de CO2, responsable do quencemento global”. O edil de Medio Ambiente animou ás veciñas e veciños da cidade a participar nesta convocatoria, na que persoal experto nestas áreas guiará cada unha das propostas que se levarán a cabo e nas que se facilitará o material preciso para o desenvolvemento das mesmas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal