Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO ACOLLERÁ A REPRESENTACIÓN DE "ANA, TAMBIÉN A NOSOTROS NOS LLEVARÁ EL OLVIDO" E O ESPECTÁCULO DE NOVO CIRCO "THE SHOW MOSCÓN"
A representación teatral será o vindeiro sábado 14 e o espectáculo de novo circo o domingo 15, podendo adquirirse as entradas na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura
Narón, 12 de febreiro de 2020. O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 15, a representación da obra “Ana, también a nosotros nos llevará el olvido”, da compañía Unahoramenos Producciones. Trátase dunha peza de drama, de algo máis dunha hora de duración e dirixida a público adulto. A representación comezará ás 20.00 horas. Ana é a protagonista desta obra, un ama de casa convencional da España dos anos 60 casada con Lope, que acadou un posto de traballo nun Ministerio. A irrupción na vida de Ana de Vivian, unha fotógrafa francesa de espírito libre suporá un gran cambio na vida de Ana, que estará acompañada por Satur unha barbeira conselleira e amiga. O prezo das entradas é de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Na xornada do domingo, día 15, será o turno da programación para público familiar e infantil, nesta ocasión cun espectáculo do xénero do novo circo, “The show Moscón”, da compañía Galitoon. A cita será a partir das 18.00 horas e consiste nas historias dun circo ambulante que presenta un moscón repolludo e que parte dun armario de donde se irán sucedendo diferentes números. Cancións, absurdos números musicais, horribles magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas e maravillosos números de danza farán deste espectáculo unha convocatoria cargada de humor para o público que acuda a velo. As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral, 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 14 anos. Poden adquirirse na billeteira do Pazo ou a través da páxina web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal