Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA AS OBRAS DE RENOVACIÓN DE BEIRARRÚAS E PAVIMENTO EN VIAIS DAS VIVENDAS DA MARIÑA CUN INVESTIMENTO DE 286.000 EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá á zona con motivo da execución deste proxecto
Narón, 12 de febreiro de 2020. O Concello iniciou as obras contempladas no proxecto de renovación de beirarrúas e pavimento nas Vivendas da Mariña. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse esta mañá á zona para comprobar o avance dos traballos, que suporán un investimento, tal e como indicou Ferreiro, de 286.524 euros. “O obxectivo desta actuación, que completa a unha primeira fase xa executada polo Concello nesta mesma zona, é habilitar un espazo público no que os peatóns teñan preferencia sobre o tránsito de vehículos e, ao mesmo tempo a instalación dunha rede de pluviais”, explicou a alcaldesa. Ferreiro destacou que se trata dunha obra que, unha vez rematada, “mellorará considerablemente a accesibilidade nas rúas das Vivendas da Marina, xa que se ampliará o ancho das beirarrúas e, ademais, elevarase a rasante do vial de circulación ata a cota das mesmas, de xeito que a través da construción dunha plataforma única garántese esa accesibilidade aos peatóns, suprimindo a diferencia de cota anterior entre o vial e as beirarrúas”. Os traballos que se están executando actualmente nas rúas Illa de San Simón, Luis Pimentel e Alfonso X O Sabio teñen un prazo de execución de catro meses, tal e como indicou a alcaldesa. Así mesmo, explicou que a intervención consiste na demolición das beirarrúas e os bordillos para extender unha capa de formigón con acabado en relieve. Na zona das obras mantéñense a nivel xeral o centenar de plazas de estacionamento existentes –resérvanse tres para persoas con mobilidade reducida- e o espazo reservado á circulación de vehículos, ao tempo que se amplían as beirarrúas para incrementar o espazo reservado aos peatóns. A intervención completarase coa plantación de árbores ubicados fóra do itinerario peonil e tamén coa colocación de mobiliario urbán (papeleiras, bancos, fontes…). Ferreiro recordou que os traballos actualmente en marcha complementan aos realizados o pasado ano nesta mesma zona, noutro tramo da rúa Alfonso X o Sabio, no vial paralelo á estrada de Castela e nas rúas Illa de San Vicente e Illa da Coba. O investimento do anterior proxecto, de renovación de beirarrúas nas Vivendas da Mariña, supuxo ás arcas locais, tal e como apuntou a alcaldesa, un desembolso de 124.848 euros. “No último ano destinamos algo máis de 400.000 euros a mellorar as beirarrúas e o pavimento na zona das Vivendas da Mariña, un barrio que se construíu na década dos 50 e que precisaba dunha renovación de servizos e tamén de melloras de accesibilidade que se están acometendo para facer desta zona un espazo accesible e con máis espazo para os peatóns e que nos permite, en definitiva, continuar humanizando os barrios da cidade”, subliñou Ferreiro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal