Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A EDIL DE ENSINO ACUDIU Á PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN DE ENTIDADES LOCAIS POLA LINGUA GALEGA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A EDIL DE ENSINO ACUDIU Á PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN DE ENTIDADES LOCAIS POLA LINGUA GALEGA NA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Concello de Narón é un dos vogais da nova entidade que traballa en prol da lingua galega e aposta pola colaboración con outras asociacións e organismos
Narón, 14 de febreiro de 2020. Unha delegación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, na que está representada o Concello de Narón como vogal, desprazouse esta semana á Deputación da Coruña para presentar á deputada provincial María Muíño, responsable da área de lingua, esta entidade e animar aos seus responsables a formar parte da mesma. O presidente da asociación é o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, que acudiu acompañado por representantes de diversos Concellos integrantes da mesma, entre eles o de Narón, dende donde se desprazou a edil de Ensino, Mercedes Taibo e tamén persoal dos de Ames e A Coruña.
No transcurso da xuntanza tanto a deputada provincial como as representantes dos concellos mostraron a súa boa disposición a colaborar na medida do posible, “tanto para difundir o traballo da asociación como para desenvolver outras accións que fomenten o traballo colaborativo entre as distintas administracións que teñen competencias na promoción e na defensa da lingua galega”, tal e como indicou Taibo.
A Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega reuniuse nos últimos meses cos representantes doutras institucións, como foron as presidencias das deputacións provinciais de Pontevedra e Lugo, da Fegamp e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. En todos os casos, a creación da asociación foi recibida con entusiasmo, “xa que todos os organismos coincidiron en que o traballo en prol da lingua é, nestes intres, máis necesario que nunca”, subliñou a edil naronesa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Febreiro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal