Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FIRMADO UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A ASOCIACION DE COMERCIANTES DE NARON
O acordo permitirá elaborar unha Guía do Comercio de Narón
Narón, 23 de Marzo de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica de Narón, Angeles Díaz Pardo, firmou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Asociación de Comerciantes de Narón, Ricardo Pereira. O obxectivo deste acordo é a elaboración dunha Guía do Comercio de Narón, para o cal a asociación comprométese a impulsar a participación dos comerciantes de Narón nesta publicación, que persigue publicitar e dar a coñecer o comercio naronés dentro e fora do Concello. A cambio, a citada asociación recibirá unha achega de 3.000 euros procedentes do Concello. Segundo recolle o texto do convenio, a Asociación de Comerciantes de Narón comprométese a difundir, informar e asesorar ós seus socios e ó resto de comerciantes do municipio co fin de conquerir a máxima implicación e participación dos mesmos na elaboración desta Guía. A Guía do Comercio de Narón servirá para actualizar e mellorar a información sobre o sector comercial da cidade, deseñar medidas de acción a adoptar polo Concello e outras institucións, aportar información sobre os clientes reais e potenciais, e deseñar unha ferramenta informática interactiva para a posta en marcha de novos establecementos comerciais, e mellorar os existentes. Na firma do convenio tamén estivo presente o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, quen comentou que esta acción é “un paso máis de colaboración co movemento asociativo deste municipio. A nosa idea é colaborar con tódalas asociacións”, dixo citando como exemplo outro convenio firmado a pasada semana no Concello, neste caso coa Asociación de Empresarios de Ferrolterrra (AEF) para a mellora da seguridade e sinalización dos polígonos industriais de Narón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal