Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA ASISTIR AO CONTACONTOS "O GALO MANOLO E A PITA AGAPITA" NO CENTRO CÍVICO SOCIAL DE PIÑEIROS
A cita terá lugar este venres, día 21, e desenvolverase en dúas sesións, a partir das 17.30 e das 19.00 horas
Narón, 18 de febreiro de 2020. O Centro Cívico Social de Piñeiros acollerá este venres, día 21, unha sesión de contacontos infantil “O galo Manolo e a pita Agapita”. A convocatoria diríxese a nenos e nenas de 3 a 6 anos e as súas familias, cun máximo de trinta menores por cada unha das sesións programadas -17.30 e 19.00 horas-. A concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, explicou que se trata dunha actividade impulsada a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello e que forma parte do proxecto Apego, de socialización de nenas e nenos en galego. “O galo Manolo e a pita Agapita” é un contacontos ilustrado a través do que se aposta por promocionar a lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e, ao mesmo tempo, a expresión artística dos nenos e nenas. O galo e a pita contarán ao público unha historia de amor que ten lugar nunha granxa, unha historia que se dividirá en tres bloques: o relato da historia e a realización dunha ilustración mural, unha “rolda de prensa” na que os nenos e nenas interactúan tanto co conto como co debuxo e, por último, un obradoiro de ilustración, en todo momento guiados por Enrique Mauricio e Carlos Taboada. As persoas interesadas en asistir –quedan algunhas prazas libres para as dúas sesións programadas- deben inscribirse previamente a través do correo electrónico: a.pita@naron.es facilitando unha serie de datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa que o acompañará, enderezo electrónico e número de teléfono de contacto. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tal e como recordou Taibo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal