Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU HOXE UNHA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
O CONCELLO ACOLLEU HOXE UNHA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUEMENTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que asistiron o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, os portavoces dos grupos municipais, persoal técnico do Concello e representantes do equipo redactor do novo PXOM
Narón, 18 de febreiro de 2020. O Concello acolleu esta mañá unha reunión da Comisión de seguemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) presidida pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e na que estiveron presentes, entre outros, o edil de Urbanismo, Manuel Ramos, os portavoces de todos os grupos políticos da corporación local, persoal do equipo redactor da revisión do PXOM e persoal técnico do Concello.
No transcurso da convocatoria informouse sobre os trámites que actualmente se están levando a cabo dende o goberno local para revisar o PXOM actualmente en vigor, que data do ano 2002. A xuntanza convocouse como un dos trámites previos á aprobación inicial do documento, que continúa á espera de dous informes de administracións supramunicipais, un do Ministerio de Fomento e outro da Demarcación de Costas. “Unha vez que se reciban eses informes, que marcarán os prazos seguintes para avanzar nos traballos pendentes de realizar, poderase dar comezo á fase de aprobación inicial do documento, que está prevista para os vindeiros meses”, explicou Ramos.
Coa revisión do PXOM da cidade, tal e como apuntou o edil, “na zona urbana continuarase avanzando nas tarefas de humanización, o que nos permitirá seguir desenvolvendo un urbanismo máis sostible”. Con este obxectivo está previsto completar a zona urbana con melloras da comunicación entre barrios e no que respecta á zona rural, según indicou, “ampliarase a zona de chan de núcleo rural, no que está permitida a construción de vivendas, no máximo que autorice a Xunta de Galicia e en todos os núcleos do rural donde sexa posible, sempre respectando as normativas en vigor, como non pode ser doutro xeito, e atendendo ás restriccións que se poidan dar en cada caso”.
En canto aos seguintes trámites, tal e como explicou Ramos, antes de proceder á aprobación inicial do texto convocarase outra reunión da Comisión de seguemento do PXOM, na que se presentará o documento de inicio e continuaranse solicitando dende as diferentes administracións, según as competencias de cada unha delas, os informes pertinentes para este tipo de procedementos. O documento someterase despois a exposición pública unha vez publicado oficialmente para que se presenten alegacións ao mesmo no caso de consideralo oportuno, explicou o edil naronés.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal