Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONTACONTOS "O GALO MANOLO E A PITA AGAPITA" CONVOCADO NO CENTRO CÍVICO DE PIÑEIROS TERÁ UNHA ÚNICA SESIÓN
O CONTACONTOS
Os menores de 3 a 6 anos interesados en asistir deben inscribirse previamente a través do correo electrónico a.pita@naron.es
Narón, 19 de febreiro de 2020. O contacontos programado para a tarde do vindeiro venres en dúas sesións no Centro Cívico Social de Piñeiros, celebrarase finalmente nunha única sesión, que dará comezo ás 18.30 horas. Os nenos e nenas que queiran asistir ao contacontos “O galo Manolo e a pita Agapita”, programado dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do proxecto Apego, poden anotarse a través do correo electrónico a.pita@naron.es, dado que aínda quedan algunhas vacantes para cubrir as trinta prazas dispoñibles.
A actividade diríxese a menores de 3 a 6 anos (que deberán estar acompañados por unha persoa adulta), que poderán gozar deste contacontos ilustrado protagonizado por un galo e unha pita. A promoción da lectura, fomentar a expresión artística e a comprensión oral en galego e o desenvolver a creatividade dos menores forman parte dos obxectivos desta proposta. O contacontos centra a súa temática nunha historia de amor que sucede nunha granxa e que se encargarán de contar o galo Manolo e a pita Agapita, nunha proposta na que os menores interactuarán en todo momento cos autores da mesma, Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
Ao realizar as inscricións deberanse facilitar a través do correo electrónico: a.pita@naron.es unha serie de datos: nome da actividade, nome e idade do neno ou nena, nome da nai, pai ou persoa que o acompañará, enderezo electrónico e número de teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2020 >>>

LMMXVSD
 
2
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
16
17
18
21
23
24
25
27
28
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal