Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO INICIA MAÑÁ O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR NA CIDADE O "DÍA DE ROSALÍA"
O CONCELLO INICIA MAÑÁ O PROGRAMA DE ACTOS PARA CONMEMORAR  NA CIDADE O
A primeira das citas será ás 19.00 horas na Biblioteca municipal, consistirá no faladoiro "De Rosalía de Castro a hoxe: a escrita feminista na literatura galega", dirixido a público xuvenil e adulto e a cargo da escritora María Reimóndez
Narón, 20 de febreiro de 2020. A Biblioteca municipal acollerá mañá pola tarde o primeiro dos actos programados dende o Concello con motivo do Día de Rosalía, que se conmemora cada 24 de febreiro, coincidindo coa data do nacemento, no ano 1837, de Rosalía de Castro. A concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que esta primeira actividade será ás 19.00 horas e consistirá nun faladoiro, que leva por título, “De Rosalía de Castro a hoxe: a escrita feminista na literatura galega” e que correrá a cargo da escritora e tradutora María Reimóndez. É unha proposta pensada tanto para público xuvenil como adulto e que se plantexará dun xeito moi participativo, no que se analizarán as dificultades, silencios e logros das escritoras feministas en Galicia, tomando como punto de partida a Rosalía de Castro.
A Ludoteca-Axencia de Lectura da Solaina acollerá tamén mañá unha actividade que consistirá na elaboración dun xogo de mesa “Rosalía de Castro”, á que poderán asistir nenas e nenos de entre 7 e 12 anos entre as 16.00 e as 18.00 horas, que poderán coñecer a vida e obra da escritora mentres realizan o xogo.
Taibo convidou ás veciñas e veciños da cidade a sumarse ás actividades que se levarán a cabo mañá na Biblioteca e na Ludoteca-Axencia de Lectura da Solaina, e tamén ás propostas que, con motivo do Día de Rosalía, se desenvolverán o sábado na cidade. Ás 11.15 horas comezará un obradoiro de marcapáxinas dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos, que deben inscribirse previamente nas citadas instalacións municipais. Tamén o sábado, ás 12.00 horas, se celebrará na Biblioteca outro acto, unha lectura pública da obra de Rosalía, que abrirá a alcaldesa, Marián Ferreiro, e a lectura por parte de María Reimóndez do manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, redactado por Daniel Asorey, a quen este ano a entidade lle encargou redactar o manifesto en homenaxe a Rosalía de Castro que protagonizará diversos actos oficiais. O alumnado da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón participará tamén nesta lectura pública da obra de Rosalía, para a que a cidadanía pode levar un texto da autora ou coller algún dos que estarán dispoñibles na Biblioteca.
Os actos do sábado continuarán sobre as 12.45 horas no parque da rúa Rosalía de Castro (A Gándara), donde se plantará unha filla da figueira da Casa Museo de Rosalía, donado pola Fundación Rosalía de Castro. Representantes da corporación local, coa alcaldesa Marián Ferreiro á fronte, participarán na convocatoria, na que tamén estará o presidente da citada Fundación, Anxo Angueira.
Un ano máis, librarías da cidade súmanse aos actos do Día de Rosalía e entregarán mañá e o sábado ás persoas que merquen un libro en galego unha flor como agasallo. Participan os establecementos: Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Pasapáxina. As persoas que mañá e o sábado leven en préstamo un libro en galego da Biblioteca central, da Axencia de Lectura da Gándara ou da Ludoteca-Axencia de Lectura da Solaina, tamén recibirán como agasallo unha flor.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal