Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIR A NENOS E NENAS NO PROGRAMA ECOESCOLA
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIR A NENOS E NENAS NO PROGRAMA ECOESCOLA
Se celebra do 6 ó 8 de abril en Aldeanova, e a solicitude pode descargarse aquí.
Narón, 23 de Marzo de 2009.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, ven de anunciar a posta en funcionamento dun servizo denominado “Ecoescola”, pensado para conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións desta Semana Santa. Trátase dun programa incluido no I Plan de Igualdade de Narón, e dirixido ás familias que necesitan atender ó traballo e tamén ós seus fillos (de entre 3 e 13 anos de idade) en períodos de vacacións escolares.

O programa de “Ecoescola” funcionará os días 6, 7 e 8 de abril, en horario de 7:30 a 16:30 horas, no parque temático integral de desenvolvemento rural “Aldeanova”. O prezo do programa deseñado para estos tres días é de 15 euros, e inclúe almorzo e xantar, ademáis de transporte ata o parque temático, ubicado en Sedes.

O Concello establece dous rutas de autobús con paradas nos centros escolares, unha pola zona urbana (con saída de A Gándara, percorrendo A Solaina, O Concello, Piñeiros e Xuvia) e outra pola zona rural (dende San Mateo, O Val, Castro, San Xiao, Doso, e Pedroso) ata chegar a Aldeanova.

As inscripcións poden realizarse dende hoxe ata o vindeiro 31 de marzo, no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello), de luns a venres en horario de 8:30 a 13:30 horas. Os interesandos tamén poden descargar o impreso da páxina web municipal (www.naron.es) e solicitar información telefónica no 981 33 77 00 (ext.1113).

Os nenos e nenas que participen neste programa realizarán actividades relacionadas co medioambente, a natureza, a cultura popular, o agro, coeducación, etc. Trátase dunha boa oportunidade para aprender de xeito divertido, e estar en contacto coa natureza, tal e como lembrou a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada.

O servizo Ecoescola forma parte dun conxunto de actividades a desenvolver dentro dun programa que conta cunha subvención de 40.000 euros da Deputación da Coruña, e unha achega do Concello de Narón de 16.000 euros.


Descarga de archivos
Modelo de instancia para solicitar o servizo de EcoescolaTamaño: 81,50 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal