Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRETO DE 1.500 PERSOAS PRESENTARON SOLICITUDES ÁS TRES CATEGORÍAS OFERTADAS A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO
PRETO DE 1.500 PERSOAS PRESENTARON SOLICITUDES ÁS TRES CATEGORÍAS OFERTADAS A TRAVÉS DA BOLSA DE EMPREGO DO CONCELLO
O concelleiro de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz, explicou que o trámite seguinte é a publicación do listado provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso
Narón, 21 de febreiro de 2020. Un total de 1.460 persoas presentaron solicitudes ás tres categorías ofertadas a través da bolsa de emprego do Concello naronés, rematando o pasado día 11 o prazo de recollida das mesmas, tal e como recordou o concelleiro de Persoal e Recursos Humáns, Pablo Mauriz.
Para a categoría de Conserxe (Grupo C2) recibíronse 400 solicitudes, para a de Administrativo (Grupo C1) 470 e as 590 restantes foron para a de Auxiliar administrativo (Grupo C2). Tanto para a categoría de Conserxe como para a de Auxiliar Administrativo requeríase o título de graduado en ESO, se ben para a de Administrativo era preciso o de Bacharelato ou técnico.
Mauriz explicou que os trámites que se realizarán a continuación serán os de publicar (poderase consultar na Sede Electrónica do Concello) o listado provisional de persoas admitidas e excluídas neste proceso para cada unha das categorías para, a continuación, abrir un período no que poderán presentar reclamacións –no caso de consideralo oportuno- antes da publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez pechada esa lista procederase a realizar a valoración de cada unha das persoas que formarán parte da bolsa de emprego do Concello, explicou Mauriz.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
9
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal